En Marea prioriza os preparativos para as eleccións municipais

A vicevoceira de En Marea, Ana Seijas, e o coordinador Gonzalo Rodríguez, presentaron o programa para o plenario que terá lugar na Facultade de Económicas da Universidade de Santiago de Compostela, nunha xornada que ten como obxectivo desenrolar un traballo común de cara as eleccións municipais de 2019 sendo estas o tema central da xornada.

. A primeira das cuestións será a aprobación do regulamento do Plenario para continuar cun tema que quedara pendente da anterior asemblea presencial de En Marea como foi a aprobación do regulamento das Mareas sectoriais.

A partir das 11.30 e ata ás 13.00 horas terá lugar un parón para acudir á mobilización convocada en defensa dunhas pensións xustas que en Santiago se celebrará na praza de Cervantes ás 12 horas e para a que En Marea fixo un chamamento á participación de toda a cidadanía.

Ás 13.00 proseguirá a xornada cos debates das propostas en materia de infraestruturas e a presentación da tese de devalo demográfico que se prolongará ata ás 14 horas, momento no que se celebrará un xantar conxunto con todas as persoas que participen no Plenario.

A sesión de tarde comezará ás 16 horas coa dación de contas tanto do Consello como o grupo parlamentario do Parlamento e das Cortes e a continuación o debate de municipalismo coa tese xa participada por toda a organización o pasado mes de febreiro nos encontros municipalistas e que se someterá a debate no plenario. O último documento a tratar será a relación de En Marea co grupo das Cortes. Haberá habilitado un espazo de conciliación para atender aos nenos e nenas.

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar