Baltar visita o concello ourensán de Montederramo

O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, visitou o municipio de Montederramo, dentro da rolda de visitas que está a realizar polos concellos da provincia de Ourense.

O alcalde de Montederramo, Antonio Rodríguez, recibiu ao presidente do goberno provincial na Casa Consistorial, para abordar temas de cooperación entre ambas administracións para o desenvolvemento de proxectos en materia de Infraestruturas e para a adquisición de maquinaria.

Trala xuntanza, visitaron o Mosteiro de Montederramo así como infraestruturas eléctricas que tamén serán renovadas coa axuda da Deputación de Ourense.

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar