Teo:A veciñanza do demanda conexións do “Teobús” con Santiago

Un Teobús que non pisa o Sur do Concello, as pistas “destrozadas” e as verteduras crónicas, teñen esgotada a paciencia da veciñanza desta zona de Teo. Unha trintena de personas trasladáronlle aos concelleiros populares as súas demandas nunha reunión celebrada en Pontevea.

Esta semana cúmprense catro anos do remate da obra de abastecemento que leva a auga de Olveira a Fontenlo. Unha vez terminada en 2014, fixéronse as análises sanitarias da auga previas á posta en funcionamento e foi cando se detectou a presenza de aluminio, información que fora ocultada reiteradamente polo executivo local. Segundo as últimas informacións que trasladou o alcalde no pasado pleno, o executivo aínda agarda a última palabra de Sanidade, feito que exasperou aos presentes polo “abandono total e absoluto” que demostra -en palabras dunha veciña-.

Na liña desta cuestión, un Teobús “baleiro, sempre baleiro, que nin pisa o Sur do Concello”, centrou a atención de boa parte da reunión; a veciñanza insistía en que o bus municipal non pasa por aquela zona do concello donde máis falta fai, o Sur, demandando de xeito moi especial un servizo que funcione como enlace cos autobuses de liña a Santiago e con paradas nos principais puntos de interese coma o centro médico ou o Concello.

VERTEDURA DE FECAIS

 

As verteduras de fecais tamén preocupan de forma notoria entre os veciños, que subliñaron varios puntos do Concello nos que isto se produce. Loxicamente, a tubaxe que provoca máis atención é a situada á carón da ponte medieval, que ten unha toma de auga para o abastecemento 300 metros máis abaixo.

No que afecta ás vías, manifestouse un desleixo “total” por parte do executivo e ao seren preguntados por aquelas que se atopan en peor situación a resposta unánime foi a de “todas!!”. Non obstante, cunha perspectiva construtiva, abriuse unha quenda de intervencións na que se estableceron as prioridades máis perentorias. Tipificáronse 15 “puntos negros” nos que o estado das vías resulta insostible como por exemplo .

Os populares teenses, representados polo voceiro José Manuel Guerra e os concelleiros Antonio Reyes e Maria Vázquez, comprometéronse a trasladar formalmente estas demandas ao executivo local. En palabras de Guerra, achámonos perante un agravio comparativo coa veciñanza do sur que se converteu en histórico e que, dende os primeiros anos de goberno de Martiño Noriega, sufre o máis auténtico abandono.

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar