O Concello de Ourense convida a participar nos Premios Youtubeir@s

O Concello de Ourense convida a cidadanía a participar na segunda edición dos Premios Youtubeir@s, unha iniciativa que ten como finalidade promover e darlle visibilidade ao uso do galego a través da rede social de vídeos máis grande do mercado global: Youtube.

Ate o xoves, 15 de marzo, as persoas interesadas poderán presentar as súas propostas, en tres categorías: vídeo-facermos, vídeo-opinarmos e canle e optar así a 3 premios de 1.000 euros e cinco de 500 euros para os vídeos gañadores.

O xurado valorará tanto o enxeño e a creatividade coma a calidade técnica, a eficiencia comunicativa ou a calidade lingüística.

  • VÍDEO-FACERMOS. Esta categoría é para os vídeos nos que se amosen os saberes e procesos de elaboración a través de titoriais para que outra xente poida aprender. Así, entrarían nesta categoría receitas de cociña, trucos de maxia, habilidades especiais, etc.
  • VÍDEO-OPINARMOS. Trátase de expor unha opinión ou valoración arredor dun tema de interese e dun xeito argumentado. A temática é libre.
  • CANLE. Pódese presentar ao certame unha propia canle de vídeos, sempre que sexan de produción propia. Valorarase a calidade na creación de contidos, a traxectoria, a constancia e a capacidade de repercusión (número de visualizacións, comentarios, interaccións…)

Na primeira edición dos Premios, Ourense tivo un protagonismo moi activo con dez participantes. A presentada por Eira Losada chegou até a final do concurso. Para esta segunda edición, o propio alcalde, JesúsVázquez, anima á participación con este vídeo

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar