Gonzalo Caballero e deputados socialistas visitan a cooperativa láctea Clun

 

O secretario xeral do PSDEG-PSOE, Gonzalo Caballero, e os membros do grupo parlamentario socialista Xoaquín Fernández Leiceaga, José Manuel Pérez Seco e José Antonio Quiroga visitaron hoxe a sede central de Clun en Ponte Maceira, Ames. Foron recibidos polo presidente da cooperativa, José Ángel Blanco; polo vicepresidente, José Montes, polo secretario, Pablo Costoya, e polo equipo directivo da cooperativa, quen lles expuxeron as principais cifras e
proxectos previstos pola cooperativa, así como os retos do sector na contorna europea e no contexto dunha economía globalizada.

Durante a visita tanto o secretario xeral como os membros do grupo parlamentario puideron coñecer de primeira man os plans da cooperativa a medio prazo como compañía de referencia no lácteo galego e puxeron de manifesto a firme aposta do PSDEG-PSOE polo desenvolvemento rural e agroalimentario. Ao termo da reunión tivo lugar unha visita guiada á fábrica na que puideron comprobar in situ os procesos de fabricación e outros aspectos de loxística que caracterizan o método da cooperativa Calidade de Principio a Fin.

A cooperativa de segundo grao CLUN nace en xaneiro de 2017 da integración de Feiraco, Os Irmandiños e Melisanto con vocación de ser referencia no sector agrogandeiro galego. Aliñado cos grandes movementos cooperativos europeos, ten tres grandes obxectivos estratéxicos que contribúen á sustentabilidade da produción láctea: integración dos servizos técnicos financeiros para alcanzar unha maior eficiencia dos custos de produción, optimizar as subministracións e agregar volume para mellorar a cadea de valor e contribuír á súa estruturación. CLUN comercializad Feiraco,Única e Cless.

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar