O seguemento da folga en Galicia foi do 17,8 % na Administracion e o 21,4 nos centros docentes

O seguimento da folga convocada con motivo do Día Internacional da Muller foi dun 17,84% na Administración Xeral e nas entidades instrumentais. Isto é, participaron na folga 2.427 persoas dun total de 18.056. En concreto, na Administración Xeral o seguimento foi do 16,99%, mentres que nos distintos entes situouse nun 19,93%.

Cumpríronse ao 100% os servizos mínimos, que se fixaron en 2.102 persoas. Hai que ter en conta, ademais, que se rexistraron 2.348 ausencias xustificadas.

Por delegacións territoriais, os datos foron os seguintes: 16,49% de seguimento na Coruña; 11,73% en Lugo; 13,63% en Ourense; e 23,32% en Pontevedra e Vigo.

Pola súa banda, no ámbito educativo o seguimento foi do 21,46%, incluíndo os centros públicos e concertados. En termos absolutos, estas cifras tradúcense en 7.230 persoas que participaron na folga dun total de 36.795. Desagregados, a porcentaxe foi do 23,81% no sector público e do 7,91% no concertado.

Neste caso, tamén se cumpriron o 100% dos servizos mínimos, que se fixaron en 2.476 persoas. As ausencias xustificadas foron 623.

Xa por último, nos centros sanitarios a participación na folga ascendeu a un 16,83% do persoal, isto é, 1.628 participantes dun total de 18.061. O servizos mínimos fixados ascenderon a 6.484 persoas, cumpridos tamén ao 100%, e rexistráronse 1.902 ausencias xustificadas.

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar