O gaiteiro Carlos Núñez di que “In Tempore Sueborum” pon a Ourense nun lugar importante en Europa

O gaiteiro Carlos Núñez, visitou a exposición internacional In Tempore Sueborum, e pareceulle “interesantísima”. Acompañado polo comisario, Jorge López Quiroga, sinalou que está “aberta a toda a conexión histórica Galicia-toda a Península Ibérica-Europa. Realmente é unha exposición que podería estar, non só en Ourense senón en calquer cidade europea”. Salienta Carlos Núñez que o que vi unas sedes de In Tempore Sueborum parécelle “un exemplo do que se debe facer porque unha cidade como Ourense, un lugar como Galicia con tanta historia, necesita comunicar estas cousas á xente. Creo que estamos nunha dirección de futuro na que os turistas non só veñen disfrutar da praia e do sol senón que hai toda unha historia detrás e o que vexo é que todo isto fortalece a imaxinación, nos descobre unha historia e unha Galicia que moita xente non coñecía”. Por iso Núñez considera que a mostra é “inspiradora”, engadindo que lle parece “unha iniciativa marabillosa e moi ben montada”.

O gaiteiro afincado en Vigo pero de raíces ourensás manifestou que os periodos históricos van pasando pero non desaparecen, “as cousas vanse transformando e podes atopar claves da nosa vida actual que xa se estaban fraguando hai máis de mil anos e comprendes mellor as cousas na actualidade”.

Explica este visitante que a exposición organizada e patrocinada desde a Deputación de Ourense “abre esas fiestras cara o pasado máis remoto. Galicia é un lugar cargado de moita historia y nesta exposición ves como todos eses esquemas ancestrais seguiron adiante e sobre todo comprendes como chegamos ata hoxe”. Un proxecto desta envergadura, sinala Núñez, “sitúa a Ourense nun lugar importante en Galicia, en toda a Península e para toda Europa”. Carlos Núñez ven de pasar uns días na cidade de As Burgas na que, o pasado día 2, estrenou o festival Pórtico do Paraíso cun concerto na catedral, copatrocinado pola Deputación Provincial de Ourense.

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar