Teo:Novo ultimato da Valedora do Pobo á “transparecencia” do Concello

Concello de Teo

O “goberno da transparencia” leva medio ano sen entregar as facturas solicitadas polo principal partido da oposición. Tras unha nova solicitude de amparo á Valedora do Pobo feita polos populares, esta insta ao Concello a que entregue a documentación no prazo dun mes.

Os concelleiros populares solicitaran no mes de xullo do ano pasado información respecto dos custes da nova web e imaxe corporativa do Concello. Ante a escaseza de información facilitada na resposta, estes decidiron pedir unha ampliación da mesma en setembro requirindo copia dos presupostos solicitados, facturas e cargo á partida orzamentaria.

Vendo o sistemático retraso que o goberno local ten ante as peticións populares nesta lexislatura e ante a falta de resposta a finais de ano, o grupo municipal pediu o amparo da Valedora do Pobo.

No proceso de solicitude de información por parte do alto comisionado, o alcalde tampouco cumpriu cos prazos iniciais marcados pola institución. A resposta ofrecida por este non soamente foi insuficiente e parcial senón que continuaba sen facilitarlle as facturas ao grupo popular.

Neste contexto, os populares solicitaron novo amparo perante a Valedora o pasado 19 de febreiro; o alto comisionado esíxelle agora ao Concello que estas facturas se entreguen no prazo de un mes.

“Motivos de saturación”

O argumento ofrecido por Alcaldía dende o primeiro momento foi a “saturación” do equipo, cuestión inaceptable considerando todo o tempo transcorrido e que, para máis abundar, o goberno local conta con seis dedicacións. Isto constata que o discurso da transparencia das Mareas de Podemos non soamente era “pura galería”, senón “un xiro copernicano” do que realmente están a ser os feitos.

O voceiro popular teense sospeita que “algo importante debe quererse ocultar cando levamos case seis meses e innumerables solicitudes para conseguir copia dunhas facturas”.

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar