Ourense:Seminario sobre seguridade viaria na Deputacion

O Centro Cultural “Marcos Valcárcel” acolleu un Seminario sobre seguridade e equipamento viario, organizado pola Federación Española de Municipios e Provincias (FEMP) en colaboración doa Deputación de Ourense. O deputado provincial de Cooperación, Pablo Pérez e o vicepresidente da Federación de Entidades de Equipamento para a Seguridade Vial (FOROVIAL), Sergio Corredor foron os encargados de presentar este seminario aos preto de 40 técnicos da administración local asistentes, unha iniciativa que pretende “concienciar ás administracións e redactores de proxectos de que o equipamento viario contribúe a salvar vidas e diminuír a gravidade dos accidentes, polo cal é moi importante manter actualizados todos os conceptos referidos a este ámbito”, explicou Pablo Pérez, quen agradeceu a FOROVIAL “que pensara na Deputación de Ourense para celebrar este seminario na nosa provincia”.

Pola súa parte, o vicepresidente de FOROVIAL explicou que a xornada “ten como obxectivo levar ás administracións locais a experiencia do sector da fabricación dos equipamento de estradas, e sensibilizar da importancia destes elementos aos que quizás non se lle dea a importancia que teñen en relación á seguridade nas estradas”.

O seminario acolleu relatorios sobre sinalización horizontal, vertical e balizamento, sistemas de contención, iluminación, pantallas e dispositivos antirruído.

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar