Galicia 24 Horas

Ourense pecha “unha semana histórica e decisiva” para a chegada do AVE, segundo o alcalde

“Ourense acaba de pechar unha semana histórica e decisiva para a chegada do AVE á cidade coa activación de obras por 59,8 millóns de euros, logo de moitos meses de intenso traballo coas Administracións”. Así o afirma o alcalde de Ourense, Jesús Vázquez Abad, logo de que o Consejo de Ministros veña de autorizar hoxe mesmo ao Ministerio de Fomento para a realización, por parte do ADIF Alta Velocidad, de actuacións complementarias no subtramo Túnel de Padornelo-Lubián, por un importe de 13,9 millóns de euros.

Do mesmo xeito, o Diario Oficial de Galicia tamén publica hoxe a licitación da dirección de obra da terminal de autobuses da Estación Intermodal, por un importe de case 77.000 euros. A licitación desta obra saiu publicada no DOG o pasado luns 26 de febreiro, por un importe de 4,24 millóns de euros.

A estos anuncios oficiais súmanse a aprobación esta semana da licitación da adecuacións de vías e andéns para a adaptación da Estación Empalme á Alta Velocidade (16,7 millóns); e a licitación do contrato de suministro e transporte para o tramo ferroviario Pedralba-Ourense, por 24,9 millóns de euros.

“Todos este compromisos, firmes e sen volta atrás, son froito do traballo coordinado e intenso deste Goberno Municipal co Goberno Central e Autonómico, para a consolidación e materialización dos proxectos polos que Ourense leva esperando moitos lustros e que suporán a gran transformación que esta cidade experimentará nos vindeiros meses”, sinala o alcalde, Jesús Vázquez Abad.