Exposición “Facendo o Camiño de Santiago”

A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, participou na inauguración da exposición Facendo o Camiño de Santiago. Ribadeo-Santiago-Fisterra. A mostra, que pode visitarse no salón de ámbito cultural de El Corte Inglés de Santiago de Compostela, está configurada por pinturas ao óleo dos artistas Irma Loureiro e Joaquín Formoso, que mostran paisaxes de distintos itinerarios xacobeos.

Nava Castro salientou a contribución destes peregrinos-artistas que se suman “á tarefa colectiva e permanente de construír, protexer, revalorizar, manter e divulgar, en definitiva, de facer o Camiño de Santiago desde hai séculos”.  Nesta liña, lembrou que a Xunta de Galicia traballa desde hai máis de dous anos para mellorar a ruta en todas as súas dimensións a través do Plan director do Camiño de Santiago, coa vista posta no vindeiro Xacobeo 2021.

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar