O Concello de Ourense será o primeiro en contar cunha auditoría de xénero

O Concello de Ourense será pioneiro en España en contar cunha auditoría de xénero específica en materia salarial, na que se analizarán todos os parámetros de todos e cada un dos postos de traballos, así como as súas retribucións, complementos e xornadas, sempre desde unha análise na que se comprobará a “situación da feminización” na Administración Local.

Con esta actuación, o Concello pon en marcha unha das accións do Pacto de Estado contra a Violencia de Xénero en materia de igualdade para combatir a fenda salarial e que se implantará en España en liña cos importantes cambios normativos de Islandia e Alemania.

Ademáis, Ourense tamén será o primeiro Concello de España en adherirse ao Programa e accións de prevención do acoso no marco do Programa Nacional “Mujeres en Igualdad”, subvencionado polo Ministerio de Sanidad, Servicios Sociales e Igualdad, dirixido á prevención do acoso sexual nas organizacións.

Ambos aspectos conformarán o convenio que subscribirá o Concello de Ourense coa Asociación Galega de Auditores Laborales (Agaxen), tal e como se puxo de manifesto nunha reunión na que participou o alcalde, Jesús Vázquez; e as concelleiras Sofía Godoy e Flora Moure, así como os representantes de Agaxen, Mª Angeles García Pérez e Juan Luis Prado Álvarez.

O alcalde de Ourense, Jesús Vázquez, sinala que “alcanzamos un importante acordo de colaboración coa Asociación Galega de Auditores Laborales porque nos preocupa e nos ocupa manter unha Administración Local comprometida coa igualdade e a transparencia. E por iso damos pasos efectivos que nos permitan avanzar cara un diagnóstico global que nos permita desenvolver un Plan de Igualdade Municipal no Concello de Ourense”.

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar