O 061-Galicia asistiu a 74 persoas por 47 accidentes de circulación durante a fin de semana

 Urxencias Sanitarias de Galicia-061 asistiu durante a fin de semana a 74 persoas debido a 47 accidentes de tráfico ocorridos nas estradas galegas. O período contabilizado comprende desde as 15:00 horas do venres, 23 de febreiro ata as 23:59 horas do domingo, 25 de febreiro. O día que rexistrou máis incidentes foi o sábado con 20 accidentes.

A Central de Coordinación do 061, que xestiona e coordina os servizos prehospitalarios en casos de urxencia e emerxencia en toda Galicia, recibiu nestes días 59 chamadas en relación cos accidentes de tráfico. Estas alertas xeraron 47 asistencias sanitarias por parte do persoal do 061 que atenderon un total de 74 persoas. A proporción de homes e mulleres atendidos foi do 59 % e do 41 % respectivamente. Nas idades dos feridos, obsérvase que o 31 % dos atendidos tiña entre os 30 e os 44 anos.

Por provincias, Pontevedra foi a que rexistrou máis accidentes con 21 sinistros de tráfico durante os desprazamentos destas datas.

Provincia
Accidentes

A Coruña

18
Lugo
4
Ourense
4
Pontevedra
21
Galicia
47

Os recursos sanitarios mobilizados polos médicos que atenderon as chamadas na Central de Coordinación do 061 foron 67. Así, as ambulancias asistenciais de soporte vital avanzado asistiron en cinco accidentes, o helicóptero medicalizado atendeu nun accidente de tráfico, as ambulancias asistenciais de soporte vital básico mobilizáronse en 50 sinistros e os médicos de Atención Primaria que medicalizan as ambulancias asistenciais de soporte vital básico do 061, no caso de necesitalo, prestaron asistencia sanitaria en sete accidentes. As ambulancias convencionais acudiron en catro sinistros.

En 60 casos os feridos foron trasladados aos centros sanitarios correspondentes e en 14 ocasións atendeuse no propio lugar do incidente.

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar