Ferrol celebra o talento da sua mocidade cos premios “Lidera”

A capela do Centro Cultural Torrente Ballester acolleu a gala de entrega dos Premios Lidera do Concello de Ferrol que organiza cada ano a Concellería de Igualdade e Mocidade para distinguir os mellores talentos e traballos xuvenís inéditos do ano nas distintas categorías artísticas e audiovisuais. En total, 23 premios aos mellores traballos achegados a esta convocatoria repartidos entre dous grupos de idade: de 14 a 21 e de 22 a 30 anos.

Foi nunha gala que arrancaba as 20:00 horas cun auditorio composto, fundamentalmente de mozos e mozas, e onde a banda sonora correu por conta de Superglu, unha banda local que abriu e pechou o acto que estivo presidido polo alcalde, Jorge Suárez, e a concelleira de Mocidade, Saínza Ruiz, ao que tamén asistiron o concelleiro de Educación e Cultura, Suso Basterrechea, e o de Servizos e Medio Ambiente, Luis Victoria, xunto cos representantes dos grupos da oposición.

Lídera trátase, como sabedes, dun certame que premia -600, 300 e 100 e 80 euros para os tres mellores- a creatividade da xuventude, a iniciativa, a capacidade de traballo e a ilusión para desenvolver creacións en distintas disciplinas, contribuíndo así á promoción destes mozos/as (de 14 a 30 anos) as súas obras e o seu talento. As bases desta edición do 2017 foran publicadas no BOP do 8 de novembro, e entre os requisitos, ser nado en Ferrol, empadroado na cidade, cursar estudos nun centro da cidade e presentar un traballo, individual ou colectivo, inédito.

O xurado desta edición reuniuse na Casa da Muller. Do mesmo, formaban parte a concelleira de Mocidade, Saínza Ruíz Ferreño, dous funcionarios do Concello, xunto con Niurka Caridad Carbonell Serrano, Ángel García Rey, Victoria Ruíz de Cortázar e Cristina Fernández Sainz Maza.

Como resultado da súa deliberación, os gañadores por categorías foron:

CATEGORÍA DE CURTOMETRAXES DE 22 A 30 ANOS:

Primer premio a esta categoría: Alejandro López Carnero, pola obra “Encontrado”

CATEGORÍA DE DESEÑO DE PRODUTO DE 14 A 21 ANOS:

Primer premio: Ángel Domingo Couselo Barrio, pola obra “Agarimo”

CATEGORÍA DE FOTOGRAFÍA DE 14 A 21 ANOS

  • Primer premio: Miguel Alfonso Martínez Díaz, pola obra “Posesión”
  • Segundo premio: Jorge Aller Taboada, pola obra “Tasalomanía”
  • Terceiro premio: Talía del Coral Sande Romero, pola obra “Loita polo feminismo”

CATEGORÍA DE FOTOGRAFÍA DE 22 A 30 ANOS

  • Primer premio: Jennifer Martínez Rodríguez, pola obra “A frescura da cerdeira”
  • Segundo premio: Sila López Sánchez, pola obra “Ler entre liñas

CATEGORÍA MÚSICA-VIDEOCLIP DE 14 A 21:

  • Primer premio: Juan Díaz Marín, pola obra “Ecstasy”
  • Segundo premio: David de María Couselo Barrio, pola obra “El lago”
  • Terceiro premio: deserto.

CATEGORÍA MÚSICA-VIDEOCLIP DE 22 A 30:

– Primer premio: Jesús Fernández Filgueira, pola obra “Outono Ferrolá”

CATEGORÍA RELATO CURTO-POESÍA DE 14 A 21 ANOS:

Os premios desta categoría distribúense do seguinte xeito:

  • Primer premio: Saray Díaz Canosa, pola obra “Vivir eternamente”
  • Segundo premio: Ana Martínez Fernández, pola obra “O demo vai por Ferrol a poñer o cu ao sol”
  • Terceiro premio: David de María Couselo Barrio, pola obra “Cero dezaseis, en que podo axudarlle”

CATEGORÍA RELATO CURTO-POESÍA DE 22 A 30 ANOS:

  • Primer premio: Victoria Martínez Vázquez, pola obra “Una mujer se queda dormida, despierta, y…”
  • Segundo premio: Sofía Lorenzo González, pola obra “Outubro de dous mil dezasete”
  • Terceiro premio: Laura Pérez Gilabert, pola obra “Una casa hecha de sueños”

CATEGORÍA ESCULTURA DE 14 A 21 ANOS:

  • Primer premio: Javier Couselo Barrio, pola obra “Retal”

CATEGORÍA DEBUXO-PINTURA DE 14 A 21 ANOS:

  • Primer premio: Ana Martínez Fernández, pola obra “A nai Ferrolterra”
  • Segundo premio: Marta Vales Sanjurjo, pola obra “Red Lips”
  • Terceiro premio: Carmen Alberto Rodríguez, pola obra “Casa Pereira II”

CATEGORÍA DEBUXO-PINTURA DE 22 a 30 ANOS:

Esta categoría queda deserta ao considerar o xurado que a única obra presentada nesta categoría non conta coa calidade suficiente para obter un dos premios da convocatoria.

CATEGORÍA TEATRO-DANZA DE 14 A 21 ANOS:

  • Primer premio: Emma Fernández Pita, pola obra “Concepción Arenal, pioneira do feminismo”

CATEGORÍA TEATRO-DANZA DE 22 A 30 ANOS:

  • Primer premio: Adrián Vieito Rodríguez e Laura Lorenzo Muñoz, pola obra “Que hai de nós?
  • Segundo premio: Andrea García Blanco, pola obra “Bela, pura e libre”

 

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar