A Deputación de Ourense apoia a folga de mulleres do 8 de marzo

 O Pleno da Deputación de Ourense aprobou na sesión plenaria, correspondente ao mes de febreiro, celebrada no Pazo Provincial, dúas declaracións institucionais, unha de apoio á folga de mulleres prevista para o día 8 de marzo de 2018, Día Internacional da Muller Traballadora; e a outra, para declarar o día 24 de febreiro “Día de Rosalía”, con propostas e actividades para conmemorar esta efemérides.

A corporación provincial tamén aprobou o programa “BenOurense” de cooperación económica coas entidades locais da provincia para o Servizo de Axuda no Fogar básico no exercicio 2018. Este programa, para o cal a Deputación de Ourense destina un orzamento de 900.489 euros, está dirixido ás entidades locais da provincia que teñan ou agrupen menos de 20.000 habitantes e que desenvolvan actuacións no ámbito dos servizos sociais.

 

 

A totalidade dos acordos do pleno foron os seguintes:

DECLARACIÓN INSTITUCIONAL DE APOIO Á FOLGA DE MULLERES PREVISTA PARA O DÍA 8 DE MARZO DE 2018

Acordo:

  1. Apoiar a convocatoria da folga de mulleres prevista para o 8 de marzo de 2018 no marco dunha xornada internacional de paros e mobilizacións para reivindicar a igualdade de oportunidades nas condicións de traballo, na esfera social e no dereito a vivir sen violencias.
  2. Trasladarlles ao goberno da Xunta de Galicia, grupos parlamentarios e interlocutores sociais, a necesidade de facer efectivas as medidas oportunas a través do diálogo social para evitar as situacións de discriminación, levar a cabo o pacto contra a violencia de xénero e acabar cos niveis de desigualdade que existen no noso país.

DECLARACIÓN INSTITUCIONAL DE DECLARACIÓN DO DÍA DE ROSALÍA

Acordo:

1-      Declarar o 24 de febreiro Día de Rosalía de Castro, e pendurar unha faixa no balcón da Deputación conmemorando tal efeméride.

2-      Emprender e apoiar a realización de actividades de promoción da obra da nosa escritora que impliquen ao conxunto dos veciños e veciñas o 24 de febreiro, data recollida oficialmente pola Consellería de Cultura no seu Calendario do Libro e da Lectura.

3-      Realizar unha lectura pública da obra rosaliana nun concello na que o alumnado dos centros escolares e persoas destacadas pola súa actividade cultural teñan o papel protagonista.

 

MODIFICACIÓN DE CRÉDITOS E DAS BASES DE EXECUCIÓN DO ORZAMENTO DO INORDE N.º 1/2018

Acordo:

 

1º.- Aprobar inicialmente o expediente de modificación de créditos e das bases de execución dos orzamentos do INORDE n.º 1/2018, modificando a base quinta para dar de baixa na aplicación 42211/489.06 ao beneficiario “Cámara de Comercio de Ourense” e para crear a partida orzamentaria 42211/479.00 “Outras subvencións a empresas privadas”, dotando a Suzuki Motor Ibérica, SA cun importe de 60.000,00 € para promoción turística da provincia de Ourense nos distintos soportes do equipo oficial de Suzuki Motor Ibérica no “Campeonato de España de Rallyes 2018”. O importe restante será para dotar ás partidas de formación de emprendedores e actividades turísticas segundo o detalle da táboa seguinte:

Beneficiario Finalidade Importe
Suzuki Motor Ibérica, SA Promoción turística de Ourense no equipo oficial no “Campeonato de España de Rallyes 2018”.  

60.000,00 €

Total: 60.000,00 €
APLICACIÓN QUE CEDE CRÉDITO APLICACIÓN QUE RECIBE CRÉDITO
Aplicación Importe € Aplicación Importe €
42211/489.06 Asociacións sen ánimo de lucro  

100.000,00 €

42211/226.17 Gastos formación emprendedores  

15.000,00 €

42211/226.16 Actividades de turismo  

25.000,00 €

42211/479.00 Outras subvencións a empresas privadas  

 

60.000,00 €

Total 100.000,00 € Total 100.000,00 €

     2º.- De acordo co artigo 169 da Lei reguladora das facendas locais, por remisión do artigo 177.2 do mesmo texto legal, o expediente será exposto ao público tralo anuncio no BOP, por quince (15) días, durante os cales os interesados poderán examinalo e presentar reclamacións ante o Pleno. O expediente considerarase definitivamente aprobado, se durante o citado prazo non se presentasen reclamacións.

PROGRAMA BENOURENSE DE COOPERACIÓN ECONÓMICA COAS ENTIDADES LOCAIS DA PROVINCIA PARA O SERVIZO DE AXUDA NO FOGAR BÁSICO NO EXERCICIO 2018

Acordo:

1º) Aprobar inicialmente o Programa BenOurense de Cooperación Económica coas Entidades Locais da Provincia para o Servizo de Axuda no Fogar Básico no exercicio 2018.

O Programa  BenOurense SAF básico regula a concesión de subvencións en réxime de concorrencia non competitiva destinadas ás entidades locais da provincia de Ourense de menos de 20.000 habitantes que presten  o servizo de atención no fogar básico (SAF básico). Inclúense tamén as mancomunidades intermunicipais que xestionen servizos sociais dun conxunto de municipios con menos de 20.000 habitantes, ao tratarse de meras entidades instrumentais dos concellos que exercen competencias delegadas por aqueles.

O presente programa establécese no exercicio das competencias atribuídas á Deputación polos artigos 36.1.b) da Lei 7/1985, de 2 de abril, de bases do réxime local, 109.1.b) da Lei 5/1997, do 22 de xullo, de administración local de Galicia, 63 da Lei 13/2008, do 3 de decembro, de servizos sociais de Galicia e 31 do Decreto 99/2012, do 16 de marzo, polo que se regulan os servizos sociais comunitarios e o seu financiamento.

Para a concesión destas axudas reservase un crédito, dentro da partida orzamentaria 23111 46200 de novecentos mil catrocentos oitenta e nove euros (900.489 €).

Tendo en conta  o disposto no artigo 31.3 do Decreto 99/2012, do 16 de marzo, a Deputación subvencionará, a través deste programa, ás entidades locais da provincia de Ourense, de menos de 20.000 habitantes, que presten o SAF básico, tanto nos supostos de xestión directa como de xestión indirecta do servizo.

Considérase SAF básico para os efectos deste programa aquel cuxas persoas usuarias accedan ao servizo en réxime de libre concorrencia. Considerarase tamén como persoas usuarias en réxime de libre concorrencia ás persoas que teñan recoñecido o estatuto de persoas dependentes no marco la Lei 39/2006, de 14 de decembro, de Promoción da Autonomía Persoa e Atención ás persoas en situación de dependencia,  en tanto o seu programa de atención individualizada (P.I.A), non goce de efectividade.

  1. O importe da subvención por entidade local determínase da forma seguinte:
  2. a) Tramo fixo: asígnase un primeiro tramo fixo de 3.000 €  (tres mil euros), para cada unha das entidades locais que se adhiran ao programa.
  3. b) Tramo variable: para o cálculo deste tramo aplicarase o ratio de cobertura por habitante recollido no anexo III do Decreto 99/2012, do 16 de marzo, asignándose un importe por unidade de convivencia resultante de dividi-lo crédito orzamentario dispoñible – logo de restarlle o importe total destinado ó tramo fixo-,  entre o número de unidades existentes, conforme co seguinte:

            b.1) Concellos de áreas caracterizadas como semiurbanas:

            – De 10.000 a 20.000 habitantes: 1 unidade de convivencia atendida por cada 400 habitantes.

            – Menos de 10.000 habitantes: 1 unidade de convivencia atendida por cada 350 habitantes.

            b.2) Concellos de áreas caracterizadas como áreas rurais:

            – De 12.000 a 20.000: 1 unidade de convivencia atendida por cada 250 habitantes.

            – Menos de 12.000: 1 unidade de convivencia atendida por cada 175 habitantes.

            – Concellos de áreas rurais de alta dispersión: 1 unidade de convivencia por cada 75 habitantes.

Nos supostos en que o SAF básico sexa prestado por mancomunidades, a contía será o resultado de suma – las cantidades correspondentes dos distintos concellos que a integran.

O cadro de distribución inicial das subvencións por entidades beneficiarias, cos importes correspondentes conforme coas regras precedentes, figura como anexo I do presente Programa.

  1. A contía máxima inicial prevista por entidade local – que aparece recollida no anexo deste programa-, queda condicionada a que esta contía non supere o custo neto do SAF básico para a entidade local calculado conforme as regras seguintes:
  2. a) Xestión directa do servizo:

            O custo total do SAF estará determinado pola suma dos seguintes custos:

            –  O custo total  do persoal auxiliar de axuda no fogar (básico e dependencia).

            – O custo dos desprazamentos do persoal de axuda no fogar (básico e dependencia).

            – O 10 % da suma dos importes anteriores, en concepto de gastos xerais.

A partir do custo do SAF total determinarase o custo bruto do SAF básico multiplicando o custo do SAF total (básica e dependencia), polo número de horas de servizos prestados de SAF básico, e dividindo o resultado entre o número de horas de servizos prestados do SAF total.

Obtido o custo bruto do SAF básico, o seu custo neto será a diferenza entre o custo bruto e os ingresos liquidados pola entidade local (ou entidade que xestione o servizo por conta da entidade local) en concepto de taxas ou prezos públicos pola súa prestación.

  1. b) Xestión indirecta do servizo: o custo neto do SAF básico determinarase multiplicando o número de horas de servizo prestadas pola empresa adxudicataria polo prezo unitario por hora establecido no contrato administrativo correspondente. No caso de que o contrato administrativo non estableza ese prezo unitario, este será determinado pola Deputación Provincial coa información subministrada pola entidade local interesada.

A determinación do custo neto do SAF básico realizarase unicamente a través da xeración automática da certificación a través da plataforma informática, sendo a contía reflectida na certificación o gasto efectivamente xustificado para os efectos deste programa.

Ao abeiro do establecido na Lei 39/2015 de 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas, no artigo 14.2, a presentación de solicitudes tramitarase exclusivamente mediante o uso de medios electrónicos, sendo obrigatoria a presentación de solicitudes conforme co previsto nesta base.

Os concellos e mancomunidades interesados en participar no Programa deberán comunicarlle a súa adhesión á Deputación Provincial, mediante resolución da Alcaldía (ou órgano delegado, se é o caso), na que se manifeste expresamente a asunción das obrigas e compromisos previstos no Programa, para o que deberán utilizar obrigatoriamente os modelos facilitados pola Deputación e que deberán ser descargados na aplicación informática http://benourense.depourense.es

A comunicación da adhesión asinarase dixitalmente polo/a alcalde/alcaldesa , presidente/a ou secretario/a da entidade local e remitirase telemáticamente a través da plataforma no prazo máximo de quince días hábiles contados dende o día seguinte ó de publicación da convocatoria no Boletín Oficial da Provincia. Non se admitirá ningunha solicitude de adhesión formulada en data posterior.

A Deputación Provincial poderá conceder un prazo de ata 10 días hábiles para a corrección de deficiencias nas solicitudes de adhesión.

A presentación da solicitude telemática en tempo e forma determinará a adhesión da entidade local ao Programa, sen necesidade de máis trámites. Sen prexuízo do anterior, e para os efectos de publicidade, as subvencións concedidas e os seus importes declararanse expresamente mediante resolución da Presidencia que será obxecto de publicación no BOP. Nesta mesma resolución da Presidencia denegarase a adhesión a aquelas entidades cuxa solicitude non se axuste ao establecido no presente Programa ou no modelo de adhesión.

A adhesión das entidades locais beneficiarias constitúe un requisito de efectividade do Programa, polo que as entidades locais que non se adhiran no prazo sinalado no parágrafo anterior se entenderá que renuncian a participar no Programa, causando baixa automática nas súas previsións. Neste suposto, os remanentes de co -financiamento non utilizados incrementarán o importe asignado ó tramo variable previsto na base III.1 b)  distribuíndose entre as entidades locais adheridas  aplicando o criterio recollido na devandita base III .1 b)

Coa adhesión, os concellos e mancomunidades manifestarán expresamente a asunción das obrigas previstas neste programa e, de forma específica, a aceptación das normas de uso da plataforma informática http://benourense.depourense.es  no programa de SAF básico.

2º) Someter o programa inicialmente aprobado ao trámite de información pública por prazo de dez días hábiles, mediante anuncio no Boletín Oficial da Provincia, de conformidade co establecido no artigo 10 da Ordenanza xeral de subvencións da Deputación Provincial de Ourense. Durante o dito prazo, as persoas ou entidades interesadas poderán formular as alegacións, reclamacións ou suxestións que estimen oportunas, que deberán ser obxecto de resolución expresa polo Pleno da Deputación. En caso de no formularse alegacións en prazo, se entendera automaticamente elevado a definitivo o acordo de aprobación inicial.

TRANSPORTE FERROVIARIO ENTRE OURENSE E SANTIAGO

 

Acordo:

–          Esixir ao Goberno Central unha equiparación das políticas e modalidades tarifarias en todo o territorio galego para evitar a actual evidente situación de discriminación que se dá en función do lugar de residencia de galegos e galegas.

–          Solicitar ao Goberno central unha ampliación das frecuencias horarias desde Ourense para mellorar a comunicación con Santiago de Compostela e A Coruña.

–          Reformular os termos e condicións dos bonos de transporte Abono Tarxeta Plus,Tarxeta Plus 10 e Tarxeta Plus 10 Estudantes para aumentar o período de uso que rexe a partir da data da primeira formalización da reserva, de forma que se poida empregar en máis tempo que na actualidade.

–          Ampliar a frecuencia horaria da liña rexional Ourense-Santiago de Compostela para mellorar a mobilidade entre as poboacións intermedias de acordo coa demanda; así como as liñas que unen Ourense con Valdeorras e Lugo, con Vigo e coa Gudiña.

PRISIÓN PERMANENTE REVISABLE

Acordo:

1º.- Apoiar a figura da prisión permanente revisable incorporada ao ordenamento xurídico español pola Lei orgánica 1/2015, do 30 de marzo, pola que se modifica a Lei orgánica 10/1995, do 23 de novembro, do Código Penal.

2º.- Instar aos diferentes grupos parlamentarios con representación no Congreso dos Deputados a que reconsideren a súa postura sobre a derrogación da prisión permanente revisable.

3º.- Darlles traslado destes acordos ao ministro de Xustiza, aos grupos políticos do Congreso, Senado e á Xunta de Goberno da FEMP.

APARCADOIRO DO HOSPITAL UNIVERSITARIO DE OURENSE

Acordo:

Instar o Servizo Galego de Saúde (SERGAS) a licitar coa máxima urxencia a adxudicación do novo aparcadoiro do Complexo Hospitalario Universitario de Ourense (CHUO), nas mellores condicións económicas posibles para pacientes, profesionais e traballadores.

 

DIAGNOSE PROVINCIAL DAS PERSOAS QUE VIVEN SOAS NOS CONCELLOS DE OURENSE

Acordo:

–          Impulsar unha liña de actuación social no marco do Observatorio Económico Ourensán que recolla, en base a unha análise demográfica, a estrutura dos fogares na provincia, con especial atención á poboación que vive soa nas zonas rurais.

–          Ampliar a dotación orzamentaria do Programa BenOurense 2019 para, en coordinación cos servizos sociais municipais, atender ás necesidades detectadas en cada concello.

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar