Ourense:Campaña «Adopta unha árbore»

 O Concello de Ourense pon en marcha a campaña “Adopta unha árbore” para poñer en valor o patrimonio arbóreo da cidade. Esta campaña, en colaboración con Sustinea, está aberta á participación de centros educativos e particulares e se prolongará tamén ao Botánico de Montealegre. Todos aqueles interesados poderán adherirse a campaña e elexir a súa árbore na páxina web de Sustinea.

A actividade comezou esta mañá no CEIP Prácticas, onde 81 alumnos e alumnas de 6º de Primaria adoptaron un plátano de paseo, Acer pseudoplatanus.

Os obxectivos da campaña son claros:

   -Vencellar aos alumnos ao seu medio, naturalizando a súa realidade (contexto urbano).

   -Promover e por en  valor os espazos  verdes

   -Facer partícipe ao alumnado da toma de decisións  na súa cidade.

   -Recoñecer a importancia das nenas e nenos funcionando como vectores da información entre os centros e as familias.

   -Beneficio dos espazos verdes para: saúde, economía e cohesión social.

   -Impulsar o civismo

O concelleiro de Medio ambiente, José Araújo, fixo fincapé en que esta campaña “englóbase no proxecto global deste Goberno Municipal de facer de Ourense unha cidade mellor, con especial énfase na necesidade de concienciar sobre a enorme riqueza que supón para a cidadanía a presenza de árbores, non só como elementos decorativos, senón como organismos vivos que melloran o entorno, a calidade do aire e a propia cidade”.

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar