A Fundación Rosalía de Castro presenta segundo número de «Follas Novas»

 

A Fundación Rosalía de Castro presenta na Casa-Museo o segundo número de ‘Follas Novas’, a nova revista de estudos rosalianos editada por esta institución e que dirixe Xosé Luís Axeitos, filólogo e membro da Academia Galega.

Será nun acto ás 20 horas na Casa da Matanza, que contará coa intervención do alcalde da vila, Antonio Fernández Angueira; o director da revista, Xosé Luís Axeitos; Pilar García Negro, membro do Consello de Redacción da revista; e o presidente da Fundación Rosalía, Anxo Angueira.

Neste segundo número de ‘Follas Novas’, de 244 páxinas, atopamos artigos e investigacións de varios estudosos de Rosalía de Castro. É o caso de Francisco Rodríguez, os propios Axeitos e García Negro, Manuel Ferreiro, Xurxo Martínez, Manuel Forcadela ou Ánxela Lema, entre outros.

Nos vindeiros días, alén da revista en papel, será posible descargar en pdf os seus contidos na web da Fundación, http://rosalia.gal.

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar