Ferrol:Derradeiras prazas vacantes nos cinco itinerarios formtivo de emprego xuvenil

 Últimas prazas dispoñibles para os itinerarios Ferrol Emprego Xuvenil que promove o Goberno local a través da Concellería de Emprego do e que se desenvolverán no Centro Municioal de Emprego de Catabois ate novembro do 2018. Estes cinco cursos -itinerarios formativos- van dirixidos a mozos e mozas de entre 16 e 29 anos, desempregados e inscritos no Sistema nacional de Garantía Xuvenil.

O obxectivo é promover a empregabilidade das persoas novas do Concello de Ferrol, a través da combinación orientación e información laboral, itinerarios formativo profesionais e prácticas profesionais. Incluíndo tamén actividades de apoio na busca de emprego, prospección empresarial e intermediación laboral.

Trátase dun proxecto cofinanciado polo Fondo Social Europeo, no marco do Programa Operativo de Emprego Xuvenil.

As persoas destinatarias poderán formarse en sectores moi demandados:

  1. Persoal experto en Atención Sociosanitaria a persoas no domicilio (680 horas)

  2. Auxiliar de cociña e restauración (605 horas)

  3. Especialista en preparación e venda de produtos cárnicos frescos (565 horas)

  4. Especialista en preparación e venda de peixes frescos (555 horas)

Auxiliar de comercio, almacén e loxística (590 horas) Son un total de 15 prazas en cada un dos cursos, e en todos eles realizaranse prácticas en empresa cunha duración de 120 horas por curso.

A formación completarase con actividades de novas tecnoloxías, inglés, igualdade, manipulación de alimentos e prevención de riscos laborais.

As persoas interesadas poden obter máis información na web www.ferrol.es/emprego/ , ou acudindo ao Centro de Emprego (rúa Sagrada Familia 56, en Catabois), no teléfono 981 944 195 ou no correo electrónico ferrolex@ferrol.es. Terán que facelo antes do próximo mércores 28 de febreiro, data na que remata oficialmente este prazo.

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar