Vigo:Abel Caballero pide a condonación dos intereses da débeda



Ante os datos de débeda das Administracións Públicas publicados hoxe polo Banco de España, Abel Caballero esixiu que se aplique un tratamento baseado na eficiencia de cada administración. Tal e como explicou a débeda local baixou case un 10% respecto a 2016, mentres que a das CCAA creceu nun 4%.

«Calquera decisión relacionada coa reestruturación ou non pago de intereses de débeda autonómica ten que ter o seu equivalente nas administracións locais». Así o manifestou esta mañá o presidente da FEMP, Abel Caballero, ante o anuncio realizado polo ministro de Facenda e Función Pública, Cristóbal Montoro, en relación coa posibilidade de condonar os intereses da débeda das comunidades autónomas.

Segundo sinalou Caballero, «nós prantexaresmos unha medida similar para os intereses da dábeda municipal pero, ademais, para aqueles concellos que non teñan débeda, esixiremos o finanzamento dese concello por unha contía equivalente á condonación de débeda ou de intereses que lle fagan a calquera outra institución do estado». «E como hai concellos que non temos débeda», insistiu, «lle esixiremos o finanzamento cunha contía similar ás condonacións, reestruturacións o non pagos de intereses que fagan coas CCAA ou cos concellos».

Datos
Os datos sobre débeda das administracións públicas, que o Banco de España deu a coñecer esta mañá, constatan a evolución descendente da débeda local que, ao peche de 2017, era de 29.161 millóns, «3.062 millóns de euros menos, case un 10% que ao peche de 2016». Polo contrario, explicou o alcalde, a débeda das CCAA no ano 2017 creceu un 4% e chegou ata os 288.000 millóns, «10 veces máis que as corporacións locais». «E, por tanto, subliñou, esiximos un tratamento acorde coa eficiencia. Somos os que cumprimos e esiximos un tratamento como entidade do Estado, cumpridora. O contrario sería unha mensaxe terrible», porque suporía dicir «incumpran, que máis adiante lle resolveremos o problema».

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar