V Premio Galicia de Fotografía Contemporánea

A galería Photo Art de Ourense acolleu a presentación do catálogo do V Premio Galicia de Fotografía Contemporánea, que recolle o traballo To name a mountain, co que Alfonso Almendros se fixo co galardón da última edición deste certame. Trátase do novo volume da colección de libros de fotografía do Outono Fotográfico (OF), festival que promove o premio coa colaboración da Consellería de Cultura e Educación e da Deputación Provincial de Lugo.

O galardón do Premio Galicia de Fotografía Contemporánea tradúcese na realización dunha exposición itinerante co traballo gañador, ademais da publicación dun libro coa reprodución das obras. Para o secretario xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, este galardón demostra un “interese prioritario por dar a coñecer o talento dos creadores e das creadoras que están a empregar as linguaxes fotográficas contemporáneas para a produción do seu traballo.”

O proxecto de Alfonso Almendros “adquire unha maior dimensión coa publicación deste catálogo que lle permite chegar a un público máis amplo”, explicou Anxo Lorenzo durante a presentación do libro, na que tamén participaron o director do Outono Fotográfico, Xosé Lois Vázquez; o coordinador do premio, Vítor Nieves; e a deputada de Cultura da Deputación de Lugo, Pilar García Porto.

Unha viaxe do século XIX vista desde a contemporaneidade

Alfonso Almendros viaxaría ás montañas Rocosas de 1863 da man do paisaxista Albert Berstadt e do seu amigo o escritor Fitz Hugh Ludlow, “un periplo que, máis aló dunha travesía física, remataría sendo un percorrido polo amor, a dor, a poesía ou a desesperación”, segundo explica Anxo Lorenzo. Almendros reinterpretaría aquel periplo a través dunha mirada contemporánea “traéndoa ao presente cunha linguaxe visual moderna, que deixa ben clara a súa paixón pola fotografía e a poesía oculta tras o nome das montañas.”

Novos camiños para a expresión artística

Preto de 40 proxectos procedentes de Galicia, de España, de Europa e de América foron presentados ao V Premio Galicia de Fotografía Contemporánea, unha cifra que dá conta da consolidación dun certame que naceu co obxectivo de promover a fotografía contemporánea e de abrir novos camiños para o pensamento e a expresión artístic

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar