O BNG, contra as «obras inacabadas» de Rande

A portavoz nacional, Ana Pontón, pregunta a presidente da Xunta que vai facer ante a “enésima tomadura de pelo” as persoas usuarias da AP9 que pagan por partida dobre, con peaxes e retencións, as obras de ampliación da Ponte de Rande, cuxos novos carrís están temporalmente cortados apenas un mes da súa inauguración.

A deputada do Bloque anunciou que pedirá explicacións no Parlamento, “porque é cada vez máis evidente que Feijóo e Rajoy apuraron unhas obras que non estaban rematadas para que a concesionaria subise as peaxes, e iso implica un perigo para a circulación e para os traballadores da ampliación de Rande”, salientou Pontón, quen indicou que o BNG “mesmo analiza se é posible emprender accións legais polo feito de que o Goberno recepcione unhas obras inacabadas poñendo en risco a seguridade viaria e a dos traballadores”.

Pontón pregúntase «onde está» comisión bilateral Xunta-Fomento para determinar as responsabilidades en situacións como as derivadas do peche dos novos carrís de Rande.

A portavoz considera que “chegou o momento de pararlle os pés a AUDASA” e, á vista dos feitos, non ten dúbida de que o veto a transferencia “faise coa complicidade de Feixóo”.

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar