Ourense:O Concello afronta a mellora do albergue de animáis


O Concello de Ourense está a elaborar unha memoria valorada das actuacións que se levarán a cabo para mellorar as instalacións doalbergue de animais. Así o sinala a concelleira responsable, Sofía Godoy, quen lembra que “no que levamos de mandato, duplicamos o convenio que tiña o Concello con Progape, superando os 100.000 euros anuais, e acometemos melloras nas instalacións que levaban anos sen adecentarse”.

A concelleira de Sanidade, Sofía Godoy, solicitou hai varias semanas a Progape un informe de necesidades nesta instalación, co fin de adecualas á nova Lei Galega de Protección e Benestar dos Animais de Compañía de Galicia.

Tal e como sinalan os técnicos municipais, algunhas das cuestións en dito informe reseñadas son competencia municipal, e outras son competencias da propia protectora, en virtude do estipulado no convenio asinado entre o Concello e Progape.

O pasado 30 de xaneiro abordouse, no marco da comisión de seguimento mixta Concello/Progape, o contido do devandito informe e a necesidade de acometer melloras nas instalacións, algo que se está a facer desde ambos ámbitos.

Porén, “a memoria que están a valorar os técnicos municipais vai mais aló do que precisa o informe, abordando tamén melloras eléctricas e de iluminación, a posta en marcha dun quirófano para pequenas cirurxías e a mellora e acondicionamento das gaiolas e patios, entre outras”, sinala Sofía Godoy.

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar