Pontevedra:Circuito das Andainas

Fomentar a actividade física e gozar do patrimonio natural e cultural do municipio e o dobre obxectivo que guía o Circuíto de Andainas de Pontevedra–PonteAndadas-18, que promoven a Concellería de Deportes da man de Naturgaliza Club.

A concelleira de Deportes Anxos Riveiro, presentou as andainas, seis, nas que poderám participar xente de todas as idades. Ao seu carón Juan Romero e Javier Piñeiro, do Naturgaliza Club que puxeron a énfase na oportunidade que ofrece de gozar do tempo de lecer dun xeito saudábel.

Os interesados en participar en PonteAndadas-18 deberán ser maiores de 12 anos e inscribirse para poder sumarse ás camiñadas. O prezo é de 8 euros, para aquelas persoas que queiran facer todo o circuíto e de 2 euros por andaina, agás os desempregados que non terán que pagar.

O pago farase por transferencia bancaria ou ingreso a nome de Naturgaliza Club na conta de Abanca ES82 2080 3116 0030 4000 8694. E a inscrición realizarase a través do correo electrónico ponteandadas@gmail.com ou telf, 625.482636

Os participantes no Circuíto de Andainas de Pontevedra irán acompañados por monitores que seguirán e guiarán o ritmo dos distintos participantes, pois non é unha carreira. Cada ruta poderá desenvolverse cun máximo de 300 persoas.

Ruta 1. Encoro do Pontillón do Castro-Cerponzóns

  • Domingo, 11 de marzo
  • Saída. 10.00 horas. Igrexa de San Vicente de Cerponzóns
  • Distancia. 15,9 km.
  • Dificultade. Media

Ruta 2. Patrimonio de Ponte Sampaio

  • Domingo, 15 de abril
  • Saída. 10.00 horas. Centro de ocio de Ponte Sampaio (praia fluvial, ao carón do campo de fútbol
  • Distancia. 15,2 km
  • Dificultade. Media

 

Ruta 3.- Lago Castiñeiras- Salcedo

  • Domingo 13 de maio
  • Saída. 10.00 horas. CEIP Cabanas (Salcedo)
  • Distancia. 14,6 km
  • Dificultade. Media

Ruta 4. Foxo do Lobo-Bora

  • Domingo, 9 de setembro
  • Saída. 10.00 horas. Campo da festa de Santa Lucía- Bora, estrada a Carballedo (PO-233)
  • Distancia. 14,5 km
  • Dificultade. Media

Ruta 5. Serra da Fracha-Canicouva

  • Domingo, 7 de outubro
  • Saída.10.00 horas. Igrexa de Santo Estevo da Canicouva
  • Distancia. 13,3 km
  • Dificultade. Media-Alta

Ruta 6. Senda do Lérez-Bora

  • Domingo, 4 de novembro
  • Saída. 10.00 horas. Illa das Esculturas, pasarela peonil
  • Distancia. 11,5 km.
  • Dificultade. Baixa

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar