O BNG chama a atención sobre o dano cerebral adquirido

A portavoz do BNG, Ana Pontón, e o portavoz municipal de Santiago, Rubén Cela,  visitaron  á sede da entidade social SARELA, un  referente na área sanitaria de Compostela en atención a persoas con dano cerebral adquirido (DCA). A entidade promove o coidado, asistencia, protección e  defensa dos dereitos destas persoas e das súas familias, así como a súa reinserción social e laboral.

Tras ser recibida pola directora, Rocio García e os presidentes da Federación galega e española de Dano cerebral,  José Balboa e Luciano Fernández, a portavoz do BNG  manifestou o seu compromiso de trasladar ao  Parlamento galego  o debate sobre un problema que afecta en Galiza a 35.000 persoas e que cada ano suma 7.000 persoas máis, maioritariamente por accidentes de tráfico ou laboral.

Pontón insistiu que a  sensibilización é fundamental pero sobre todo hai  que reclamar a implicación   das administración públicas  “de maneira integral” para abordar os  problemas derivados do dano cerebral adquirido “cunha  atención específica”. Dende o BNG, dixo,  recollemos esta demanda  e  comprometemos a levar ao Parlamento o debate e a súa  visibilización.

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar