A TVG lidera a audiencia do xoves cunha cota do 14,1%

Analizando a clasificación de programas máis vistos en Galicia, a TVG conta con 4 dos 6 máis vistos da xornada, sendo a 3ª e a 4ª posición para Tele5 e La1. Cómpre salientar que o programa máis visto trátase do ‘Telexornal 1 14:30’ e o segundo programa con maior audiencia é o ‘Land Rober Tunai Show’. A TVG é, polo tanto, a referencia na xornada, tanto en información coma en entretemento.

O ‘Telexornal 1 14:30’ é o programa máis visto do día e marca a referencia da información en Galicia. Conta cunha audiencia media de 198.000 telespectadores e cunha cota de pantalla do 28,3%.

Lidera amplamente as audiencias durante a súa faixa de emisión, situando a súa audiencia media en 96.000 telespectadores e a súa cota en 13,7 puntos do seguinte competidor. Un total de 271.000 galegos formaron parte da audiencia do programa e durante a súa emisión chega a cotas de pantalla do 30%.

‘Land Rober Tunai Show’ é o 2º programa máis visto do día e marca a referencia do entretemento en Galicia. Conta cunha audiencia media de 182.000 telespectadores e cunha cota de pantalla do 22,9%.

Faise co minuto de ouro en Galicia, ás 23:27 no que chega a un pico de 249.000 telespectadores. Lidera amplamente as audiencias durante a súa faixa de emisión, situando a súa audiencia media a 60.000 telespectadores e a súa cota a 7 puntos de cota do seguinte competidor.

Un total de 473.000 galegos formaron parte da audiencia do programa e durante a súa emisión chega a cotas de pantalla do 34%.

  • O ‘Telexornal 1 15:00’ e o ‘Galicia Noticias’ completan a clasificación da TVG como segundo e terceiro informativo máis visto en Galicia deixando clara a preferencia informativa dos galegos.

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar