Vigo:O alcalde insiste la restricción de camións en Sanjurjo Badía

Cuestións de seguridade, fluidez do tráfico, redución de ruído e contaminación ou evitar o deterioro do pavimento son os argumentos que o Concello usará para denegar as 52 solicitudes de empresas de transporte que queren que camións de 5 eixos circulen por Sanjurjo Badía. Ata o de agora, ningunha das peticións acreditou que lle sexa imprescindible o tránsito por esta rúa. 

O alcalde deu conta da entrada en vigor da prohibición da circulación por Sanjurjo Badía de camións de máis de 10 toneladas e 5 eixos. Tal e como explicou Caballero, o Concello recibiu nestes días 52 solicitudes de tránsito, pero ningunha destas empresas acreditou que lle resulte imprescindible circular por este vial polo que, de momento, non se realizará ningunha excepción e non se entregará autorización algunha. A Policía Local vixiou esta mañá zona e advertiu a un vehículo pesado da prohibición de circular por esa rúa sen a pertinente autorización.

Todas as solicitudes serán contestadas de xeito individual en base a distintas motivacións, apuntou o rexedor. Aludiu en primeiro lugar, á cuestións de seguridade, dado que se trata dun entorno moi poboado; en segundo termo, referiuse á afección na fluidez do tráfico xa que falamos dunha vía estreita con alta densidade de vehículos. Existen tamén motivos medioambientais, como a redución do ruído e da contaminación e, por último, o grave deterioro do pavimento e das raquetas que se está a producir nese vial. Todos estes argumentos están amparados na Lei de Tráfico e recoñecidos en todo o ámbito xurídico.

En rolda de prensa, Caballero insistiu na vocación do goberno local de seguir a defender aos veciños de Vigo e criticou de novo á Xunta por non levar adiante a conversión en urbano do tramo da AP9 ao seu paso por Teis. Sanjurjo Badía ten que ser unha zona amable e con calidade de vida, concluíu.

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar