O alcalde de Ourense recibe no Concello ao embaixador de Panamá en España

O alcalde de Ourense, Jesús Vázquez, recibiu no despacho da Alcaldía do Concello ao embaixador da República de Panamá ante o Reino de España e embaixador concurrente ante o Principado de Andorra, Milton C. Henríquez.Nesta recepción oficial, ambos dirixentes conversaron acerca da historia e dos vínculos que moitos ourensáns teñen con Panamá e con toda América Latina, “motivo máis que suficiente para manter unha relación institucional fluida a ambos lados do Atlántico”, sinalou o rexedor.

Tanto Jesús Vázquez como Milton C. Henríquez puxeron de manifesto no encontro a importancia da cooperación, colaboración e respecto institucional co fin de acadar melloras nos territorios e, consecuentemente, na calidade de vida dos seus habitantes.

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar