Certame “Hoxe e mañá” no Teleclub de Castro de Rei

Con motivo do cincuentenario do Teleclub-Centro Cultural de BAZAR (Castro de Rei), e o centenario da igrexa parroquial, o Centro cultural Ignacio Rey-Stolle convoca o concurso “HOXE É MAÑÁN”, como homenaxe e lembranza aos Certames literarios que este centro ten convocado, e ao seu periódico “ONTE, HOXE, MAÑÁ”, que tanta vida nos ten proporcionado, noméandose así para destacar que se chega agora ao que entonces era un lonxano futuro.
O Certame “HOXE É MAÑÁN”, que está patrocinado pola FUNDACIÓN BLAS DA PONTE DE OUTEIRO, rexerase polas seguintes bases:

1.- Premiaranse traballos en prosa, en galego, de calquera xénero: creación literaria, ensaio, historia… inéditos, de extensión libre, que aborden temas relacionados con Bazar, a súa historia, a vida na parroquia, o papel do centro cultural… que sirvan para mellor coñecer a terra, a vida e as xentes de Bazar.
2.- Os traballos, faranse chegar ao Centro Cultural Ignacio Rey Stolle, persoalmente, por correo, ou por correo electrónico a certamebazar@galiciadigital.com. A extensión dos traballos será libre. Quen entregue o traballo de xeito físico deberá acompañar tamén o texto en versión dixital, cunha fotografía e datos do autor ou autora.
3.-Todos os traballos presentados serán publicados na sección de OPINIÓN de www.galiciadigital.com, e os premiados ou seleccionados serán publicados total ou parcialmente no libro que se confeccione coa historia dos primeiros cincuenta anos do Centro Cultural e os cen da igrexa parroquial.
3.- Os traballos han ser recibidos antes do 15 de marzo de 2018, sendo publicados na Plataforma dixital indicada antes do 31 de marzo do presente ano.
4.- Un xurado designado ao efecto, formado por directivos da entidade convocante e patrocinadora, do concello de Castro de Rei, e do mundo lucense da cultura, concederá os seguintes premios:
– Un primeiro premio, dotado con 500€ e trofeo, para o traballo que se considere máis relevante entre os presentados.
– Un segundo premio de 250€ e trofeo para o traballo que se considere lle segue en méritos ao que obtivese o primeiro premio.
– Un premio especial dotado con 250€ e trofeo para o mellor traballo do que sexa autor un estudante do Concello de Castro de Rei.
Así mesmo, o xurado poderá conceder os Accésits ou Mencións de honra, dotados con trofeo, que estime convenientes.
O fallo do xurado darase a coñecer no decurso do mes de abril de 2018.

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar