Lugo: Inauguración da exposición “Imaxe e palabras”

 

O delegado territorial da Xunta en Lugo, José Manuel Balseiro, participou na inauguración da exposición Imaxe e palabras na Bibioteca Nodal de Lugo, centro dependente da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria. Tamén participou, entre outros, o presidente de Aspnais, José Reigosa.

Balseiro subliñou “o papel insubstituíble que realizan as entidades de iniciativa social na atención ás persoas do seu entorno”, e no caso concreto de Aspnais, destacou que se ten convertido “nunha das entidades máis queridas de Lugo e máis implicadas no seu tecido social”.

A mostra, que permanecerá na Biblioteca durante todo o mes, recolle instantáneas e textos de 16 fotógrafos e 31 escritores que ofrecen a súa visión sobre o labor de Aspnais. Na inauguración, o escritor Otero Canto leu un poema en representación dos autores.

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar