O alcalde de Vigo reclama a Xunta o transvasse do río Verdugo “por vía de urxencia”

O alcalde de Vigo reclamou á Xunta de Galicia que aprobe o transvase do río Verdugo por trámite de urxencia por tratarse dunha obra “imprescindible” para asegurar o abastecemento de auga a Vigo e toda a súa comarca.

“Estamos ante unha obra necesaria e imprescindible, axustada á lei”, insistiu Abel Caballero durante a súa comparecencia ante os medios de comunicación. O alcalde explicou que existía un acordo entre Concello e Xunta de Galicia no que a administración local asumía o 80 por cento do custe dos traballos e preguntouse cales foros os motivos polos que cambiou de decisión e decidiu que se faga pola vía ordinaria, de forma que tardará varios meses máis en levarse a cabo.

“O problema da auga en Vigo chámase abastecemento en alta para que chegue á potabilizadora e desde alí a toda a cidade e aos municipios da comarca”, explicou o rexedor vigués. O alcalde engadiu que a situación de seca en Vigo e en toda Galicia pode repetirse debido a un época sen choiva, polo que urxe tomar medidas. “A Xunta sabe que a presa de Eiras solo é suficiente para abastecer Vigo, pero non a outros dez municipios, explicou.

O goberno local levará ao Pleno Municipal do vindeiro mércores, 31 de xaneiro, unha moción na que instará á Xunta de Galicia a aprobar o transvase do río Verdugo por trámite de urxencia e pedirá explicacións polo seu cambio de decisión ao considerar agora que o obra non debe facerse pola vía da emerxencia.

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar