Lugo: Exposición “Imaxe e palabra”, organizada por Aspnais

O xoves dia 1 vaise inaugurar na Biblioteca provincial a exposición IMAXE E PALABRA, organizada por Aspnais con motivo do seu Cincuentenario, froito das aportacións de 16 fotógrafos e 31 escritores, no decurso das visitas efectuadas aos talleres da Asociación provincial de pais e titores de persoas con discapacidade intelectual.

Estas fotografías, cos textos que as acompañan, formaron parte da exposición ASPNAIS, 50 ANOS, que se abreu ao público na sala de arte da Deputación Provincial de Lugo.

Na exposición figuran dúas obras de cada un dos seguintes fotógrafos lucenses:

ALBERTO LÓPEZ, FERNANDO GAGO, GERARDO LOZANO, GERMÁN LIMERES, INMA PURRIÑOS, JULIO LEIRA SANMARTÍN, MARIA VICTORIA FERNÁNDEZ, EDUARDO RODRÍGUEZ OCHOA, OSCAR CELA, PETER SCHNEIDER, XOSÉ MANUEL OTERO CASTRO, YOLANDA PURRIÑOS, ALVEZ, JOSÉ REIGOSA, J. VAZQUEZ e SEBAS SENANDE. Cada obra vai acompañada dun texto literario aportado polos autores lucenses: HELENA VILLAR JANEIRO, XOSE LOIS GARCÍA, CARLOS LÓPEZ FERNÁNDEZ, XOSÉ OTERO CANTO, FELIPE ARIAS VILAS, XOÁN XOSÉ FERNÁNDEZ ABELLA, ANTONIO REIGOSA, XOSÉ MARÍA GÓMEZ VILABELLA, FRANCISCO JAVIER NEIRA PAMPÍN, GERMÁN GARCÍA MERA, JOSÉ LUIS DURÁN MARIÑO, XOÁN NEIRA, MARTIÑO MASEDA, MARICA CAMPO, CARMEN BLANCO, LUIS LATORRE, XULIO VACÁRCEL, ELOI CALDEIRO, MARÍA XOSÉ LAMAS, FRANCISCO PIÑEIRO GONZÁLEZ, IAGO SANTALLA, PACO MARTÍN, MANUEL XOSÉ NEIRA, ALFONSO BLANCO TORRADO, ANA ISABEL RODRÍGUEZ, BALDOMERO IGLESIAS DOBARRIO-MERO, TOÑO NUÑEZ, MANUEL REGAL LEDO, HENRIQUE ALVARELLOS, BENJAMÍN SANTÍN CARBALLADA e ADOLFO DE ABEL VILELA.

Na inauguración, acto ao que asistirán un numeroso grupo de usuarios de Aspnais, van intervir:

– JOSÉ REIGOSA GARCÍA, Presidente de Aspnais.

– O escritor XOSÉ OTERO CANTO, leerá o poema XESÚS E O MALABARISTA, co que acadou o primeiro premio do Certame nacional de poesía sobre O Nadal, do Belén de Begonte. (O malabarista, é un rapaz de Aspnais que fai sorrir ao Neno Xesús, facendo xogos malabares cunhas laranxas, laranxas que Xesus compracido transforma en “chuches” para os nenos que se acheguen ao Portal, como un adianto do Milagre das Vodas de Canaán)

– JOSÉ MANUEL BALSEIRO OROL, Delegado Territorial da Xunta en Lugo.

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar