Lugo:Entroido escénico, animado e popular

A Concelleira de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Lingua, Carmen Basadre, presentou a programación que organiza o Concello para este Entroido, un entroido escénico, animado e moi popular. O pregón marcará o inicio destes festexos, o venres día 9, ás 20:00 horas, no Salón de Plenos do Concello, a cargo da xornalista de vocación, e de recoñecido prestixio en Lugo, e con devoción polo teatro Lourdes Abuide. Posteriormente actuarán as charangas VKpinta e Garrafón.com polo recinto histórico e terá lugar a representación teatral Ti déixasteme querer?, no fondo da Praza Maior, a cargo da Escola Palimoco Teatro Danza, Grupo de Teatro Down Lugo e Palimoquiños, unha función adicada a Manuel Antonio Martínez -Manu-, deseñador lugués falecido recentemente tras unha longa loita contra unha enfermidade.

Carmen Basadre avanzou que, de forma itinerante, polos distintos barrios da cidade, se poderá gozar con distintas actuacións, tanto de música como de teatro. En total serán 17 charangas e 6 grupos de teatro.  O sábado 10 será a quenda de Raíces do Campo, Os Virtuosos do Tinto, a Banda Filarmónica Infantil, Ars Nova, Nova Escena Granxa Menor, Viño Branco, Os Caliqueños, Achádego, e Troula Animación; o domingo 11, de Son de Lugh, Os Amigos de Manolo, Charanga Paradela e os Campeiros de San Xoán do Campo. Pola súa bando o luns 12, a música poñerana Os Virtuosos do Tinto, a Charanga Terra Chán Os Jaláctivos, Perkusiona e Arde-Yu-Kú e o toque humorístico o grupo Nostrum Cai Swing Vergoña. O propio día do Entroido actuará Tambukada e as charangas A Excusa e Noroeste.

O tradicional concurso de disfraces infantil terá lugar o sábado 10 e o de adultos celebrarase o martes 13. Ambos os dous comezarán a partir das 17:00 horas e repartirán un total de máis de 6.000 euros en premios. Os participantes concentraranse na praza da Soidade -en caso de choiva, nos soportais do Mercado Municipal-, media hora antes do desfile, co seguinte  percorrido: rúa Antón Fraguas Fraguas, Quiroga Ballesteros, Santo Domingo, rúa da Raíña e Praza Maior. As inscrición deberán realizase no departamento de Cultura, na Praza Maior, antes das 14:30 horas do venres 9 e do luns 12, respectivamente. En cada unha das categorías haberá un premio especial para os disfraces de ealboración propia e con materiais reciclados.

O xurado estará compsoto por persoas de recoñecido prestixio e vinculadas coa tradición do Entroido na nosa cidade.

Os premios son os seguintes:

En canto a nenos e nenas

Individual

  • 1º premio:  vale por lote de libros de 50 euros
  • 2º premio: vale por lote de libros de 40 euros
  • 3º premio: vale por lote de libros de 30 euros
  • Premio especial ao disfrace reciclado: vale por lote de libros de 50 euros

Parellas

  • 1º premio: vale por lote de libros de 75 euros
  • 2º premio: vale por lote de libros de 60 euros
  • 3º premio: vale por lote de libros de 50 euros
  • Premio especial ao disfrace reciclado: vale por lote de libros 75 euros

Comparsas

  • 1º premio: vale por lote de libros de 150 euros
  • 2º premio: vale por lote de libros de 120 euros
  • 3º premio: vale por lote de libros de 100 euros
  • Premio especial ao disfrace reciclado: vale por lote de libros de 150 euros

Para os adultos

Individual

  • 1º premio: 500 euros
  • 2º premio: 300 euros
  • 3º premio: 200 euros
  • 3 premios de 50 euros

Parellas

  • 1º premio: 600 euros
  • 2º premio: 400 euros
  • 3º premio: 300 euros
  • 5 premios de 100 euros

Comparsas

  • 1º premio: 1.100 euros
  • 2º premio: 800  euros
  • 3º premio: 600 euros
  • 7 premios de 200 euros

O programa de actividades rematará o 14 de febreiro, mércores de cinza, co tradicional enterro da Sardiña, ás 20:00 horas. Para rematar o Entroido celebrarase o xa clásico concurso de ferretes, que conta coa colaboración do Concello, e cunha dotación de 500 euros en premios.

As bases deste certame xa se poden consultar na web municipal, www.lugo.gal

Para rematar, Carmen Basadre convidou ao pobo a gozar en familia da época máis animada do ano, ben coma participantes nos concursos, ben animando as rúas da cidade.

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar