Redúcese a espera nas intervencións cirurxícas na área de Santiago

Os doentes da Xerencia de Xestión Integrada de Santiago agardan unha media de 64 días para unha intervención cirúrxica, 66 días de demora media nos centros do Complexo Hospitalario Universitario de Santiago e 38 no Hospital daBarbanza. Trátase da menor espera que se ten rexistrado dende a creación da área integrada no 201tamén a menor dos tres grandes hospitais públicos galegos.

Amais, aqueles pacientes que presentan patoloxía máis grave (prioridade 1), esperan unha media de 12,5 días, (3 días menos que no mesmo período do ano pasado e a menor demora dos últimos 10 anos) sendo o obxectivo do SERGAS de 30 días. Asemadediminuíu a prioridade 2 en 12 días, pasado de 71,9 a 60 días.
O 99,5% dos pacientes que agardan por unha intervención nos centros do Complexo Hospitalario Universitario de Santiago esperan menos de 6 meses o no Hospital da Barbanza ningún doente espera máis de tres meses para ser operadoNo 2016 o 5% dos pacientes cirúrxicos esperaban máis de 6 meses en ser intervidos e destes, 20 esperaban máis dun ano.
Consultas Externas
Os centros hospitalarios da Xerencia de Xestión Integrada de Santiago continúan a ter unha grande actividade diaria de consultas externas, e malia aumentar o número de consultas (un incremento de máis dun 3% de primeiras consultas realizadas na XXIS)mantén a espera en 45,2 días, por debaixo da media do Sergas.
Das 31 especialidades do CHUS, só 5 teñen unha demora media maior dos 45 días, o que significa que o 86% dos pacientes teñen unha demora media de 45 días.
No Hospital da Barbanza acadáronse os 34,2 días de demora media, manténdose estable con respecto a anos anteriores.
No referente ás 7 vías rápidas implantadas para a detección e inicio de tratamento áxil para patoloxía oncolóxica a demora nun supera os 7 días en ningunha, moi por debaixo dos 15 días propostos como obxectivo polo SERGAS. Estas son: vías rápidas de mama, colon, pulmón, próstata, vexiga, cabeza e colo e melanoma.
Probas diagnósticas
Con respecto ás probas diagnósticas, os esforzos centráronse na súa priorización e na realización daquelas que máis valor asistencial aporten.
A demora media para unha proba radiolóxica é de 55 días, 5 días menos que a media do Sergas, destacando a redución das esperas para unha ecografía de mama e tiroidea.
No tocante ás probas de Medicina Nuclear a demora media é de 14 días, 15 días menos que o ano pasado.
Estes bos resultados acadáronse grazas ao esforzo dos profesionais da xerencia integrada, que mantendo un alto índice de actividade tanto en cirurxía, como en consultas externas e probas diagnósticas, foron quen de conseguir manter e mellorar, na maioría dos casos, as demoras medias.

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar