En marcha a Convencion sobre o sistema educativo galego, organizada polo PPdeG

O secretario xeral do Partido Popular de Galicia, Miguel Tellado, visitou a montaxe da Convención Nacional de Educación que o PPdeG celebrará na Cidade da Cultura e onde reunirán a máis de 500 profesionais da ensinanza. Segundo sinalou, o obxectivo é moi claro: “valorar aos docentes como a peza fundamental que son do noso sistema educativo” porque “eles son os artífices de boa parte dos éxitos recentes”.
O acto, contará coa presenza do ministro de Educación, Íñigo Méndez de Vigo, do vicesecretario nacional de Política Social e Sectorial do PP, Javier Maroto, da secretaria nacional de Educación do partido, Sandra Moneo, así como do conselleiro, Román Rodríguez, e do presidente Alberto Núñez Feijóo, e numerosos profesionais do sector.

Trala súa visita, na que estivo acompañado polo presidente da comisión sectorial de Educación do PPdeG, Jesús M. Álvarez Bértolo; Tellado lembrou que, nos últimos anos, malia as dificultades que sufriu Galicia, conseguiuse mellorar posicións nos ránkings internacionais como o PISA, reduciuse notablemente as taxas de abandono escolar, mellorouse a nosa Formación Profesional, apostouse fortemente polo plurilingüismo e avanzouse na inclusión e a igualdade de oportunidades. “O sistema educativo galego é hoxe un proxecto colectivo, e en consecuencia, un proxecto aberto e participativo”, engadiu.
O número dous do PPdeG tamén apuntou que o compromiso dos populares é seguir sumando todas as ideas que revertan na creación dun modelo plural, colaborativo, innovador e de vangarda, algo para o que queren contar, “como non podía ser doutro xeito”, con todos os profesionais do sector.
AMPLO SISTEMA DE APOIO ÁS FAMILIAS
Cómpre salientar que, en Galicia, a Xunta mantén un amplo e equitativo sistema de apoio ás familias para acompañalas no inicio de curso. Este dispositivo baséase en tres piares fundamentais, cuxa inversión total ascende a 12,4 millóns de euros: o transporte escolar, totalmente gratuíto; o comedor escolar, baseado na renda familiar; e os libros de texto, cun modelo de gratuidade solidaria.
Tal e como reflicten os datos, somos a Comunidade Autónoma con maior número de alumnos de Educación Primaria e ESO con transporte. Así mesmo, o Goberno autonómico xestiona 434 comedores –somos a terceira rexión en ofertar un maior número de centros con este servizo-, que contan con más de 60.000 usuarios, dos cales, arredor dun 86,64% utilízano totalmente gratis ou pagando tan só un euro.

Ademais, no curso 2017/18 concedéronse un total de 27.868 axudas á adquisición de libros de texto e 99.167 para a adquisición de material escolar; e o fondo solidario de libros de texto distribuíu un total de 636.308 manuais. Deste forma, a Xunta logrou chegar a 137.137 alumnos a través tanto das axudas como deste fondo.

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar