TVG: O “Land Rober Tunai Show” recibe hoxe a actores galegos

Noite de xoves, noite de “Land Rober Tunai Show” na TVG. Esta semana José Luís e José María, o dúo de “Gorrillas” interpretado por Roberto Vilar e Xosé A. Touriñán, acudirán a “Primeiras Citas” coa intención de atopar o amor. Nesta ocasión contarán coa colaboración dos actores galegos Will Shephard e Isa Risco.

Os espectadores tamén descubrirán a quen pertencen as historias máis vergonzosas do público no “A quen lle pasou?”

Ademais, neste “Land Rober Tunai Show”, que estrea febreiro co mellor humor, Roberto Vilar, Eva Iglesias e Xosé A. Touriñán terán que pasar por un dos momentos máis embarazosos da súa vida, xa que o equipo do programa entrará nas súas axendas de teléfono e calquera cousa pode saír de aí.

GALICIA VIVA

O espazo “Galicia Viva” estará hoxe en directo en Xantar, a Feira Internacional de Turismo Gastronómico. Ademais de propostas de menús, os reporteiros descubrirán en Ourense moitos produtos con selo galego, catas, maridaxes e showcookings en directo.

Doutro lado, o programa da TVG presentado por Susana López estará coa artesá Idioa Cuesta, que lles mostrará aos espectadores os seus deseños de bolsos e cestos contemporáneos feitos con diferentes materiais orgánicos e con diferentes técnicas artesanais.

Por último, o reporteiro Emilio Guillín visitará, como cada semana, unha vila galega para sorprender e petar na porta dalgún galego anónimo.

VIVAN AS TARDES!

Hoxe asisten ao programa “Vivan as Tardes!” desde Vilalba Marta e Chuppy, cunha historia de amor pola que ninguén apostaba: el era un mullereiro e ela unha estudante exemplar.

E tamén vai estar con Pili Pampín Paula, de Santiago, unha muller que inventou un método para traducirlles aos ingleses as delicias da nosa gastronomía sen que haxa lugar a erros.

Ademais, visitarán o programa Josefina, unha adorable florista de Betanzos que se nega a xubilarse, e Bea, unha muller de Ourense que lle deu un xiro á súa vida e agora cría alpacas e fai complementos ideais con elas.

A REVISTA

“A Revista” comeza o mes de febreiro co Entroido como protagonista destacado dos seus contidos. O programa estará hoxe en directo na Praza Maior de Ourense para asistir ao Xoves de Compadres, acto co que dá inicio esta celebración na cidade e en que participan 300 escolares de sete centros educativos. Cos mecos confeccionados durante as últimas semanas, será a quenda de que as nenas saquen os compadres para seren perseguidos polos nenos. O xoves que vén serán as nenas as que persigan os nenos para intentar arrebatarlles as súas comadres. Ademais, os escolares gozarán dunha mañá chea de actividades de animación.

De volta no estudio de gravación, Sevi Martínez conversará co artista galego Álex Millet, que está presentando o seu álbum novo, titulado “Experiencias”. Neste álbum pódense atopar en forma de cancións nove desas experiencias que toda persoa vive algunha vez ao longo da súa existencia.

Tamén estará hoxe en “A Revista” Moncho Lemos, que, como cada semana, ofrecerá unha avance das estreas cinematográficas.

tvG2
ZIGZAG

No “ZigZag” deste xoves, Pilar G. Rego conversará no estudio con Nuno Pico e Anaís Fernández, do grupo Oh Ayatollah!, que veñen estrear ao programa o seu novo vídeo musical, o segundo que presentan desde o Nadal.

O magazine cultural da tvG2 tamén se fará eco das xornadas que se están desenvolvendo na Fundación Paideia da Coruña sobre a seguridade social no mundo da música e os asuntos burocráticos a que teñen que atender os creadores.

O experto en cinema Ángel Suanzes traerá as novidades da carteleira e falará, en concreto, da rodaxe de Longa Noite, novo filme de Eloy Enciso. Farase, amais, un repaso aos “Goyas” por categoría.

MINUTADO do 01/02/2018 da Televisión de Galicia

08:00 BOS DÍAS
Presentan Ana Pérez e Francisco L. Iglesias, coa información deportiva a cargo de Terio Carrera. Hoxe acode á sección da Entrevista Henrique López Veiga, presidente da Autoridade Portuaria de Vigo. No Faladoiro interveñen os xornalistas Roi Rodríguez, María Méndez, Domingos Sampedro e mais o escritor Francisco Castro.

11:00 A COCIÑA DE ANDRÉ “Sopa de peixe e mariscos”
Un espazo diario de gastronomía presentado polo chef André, que propón en cada intervención receitas doadas de realizar, que sorprenderán polo seu sabor e atractivo.

11:30 O FARO Cap. 347
Patri pídelle a Vitor que sexa sincero con Feng. Se tivo o valor de separala del cando pensaba que era estéril para formar unha familia, agora, que sabe que é fértil, é o momento de dicirlle a verdade.

12:25 A REVISTA
Presenta Sevi Martínez. Inclúe “Adiantos Informativos”.

13:45 CADA DÍA UN LIBRO
Microespazo divulgativo en que cada día se lle recomenda un libro ao espectador.

13:50 GALICIA NOTICIAS MAÑÁ
Presenta Marga Pazos.

14:25 TELEXORNAL MEDIODÍA
Presenta Marta Darriba. Carlos Macía encárgase da información deportiva.

15:30 ZIGZAG – ONDE IR HOXE
Axenda cultural galega

15:40 O TEMPO

15:55 COMA UN ALLO
Presentado por Bernardo Montaña, este programa está baseado na dinámica de preguntas e respostas. Conta co asesoramento de dous expertos colaboradores: a escritora María Canosa e o científico e divulgador Jorge Mira.

16:25 TI VERÁS
Concurso presentado por Rodrigo Vázquez en que cada día unha parella de concursantes opta a ganar un premio de ata 50.000 euros.

17:25 VIVAN AS TARDES!
Espazo familiar de entrevistas e entretemento conducido por Pili Pampín e Yolanda Vázquez, que conta coa colaboración de Quique Morales e Alicia Lombán nas distintas seccións do programa. Hoxe coñecerase unha historia de amor pola que ninguén apostaba: a dun mullereiro e unha estudante exemplar.

19:05 GALICIA VIVA
Espazo de actualidade, con variadas conexións en directo, presentado por Susana López. Hoxe estará en Xantar, a Feira Internacional de Turismo Gastronómico que se celebra en Ourense.

20:15 INFORMACIÓNS ESTADO DO MAR SERÁN

20:20 DESCONEXIÓNS SERÁN

20:30 TELEXORNAL SERÁN
Presentan Alfonso Hermida e Tati Moyano. Miguel Gallego encárgase da información deportiva.

21:50 O TEMPO

22:05 LAND ROBER TUNAI SHOW EXPRESS

22:20 LAND ROBER TUNAI SHOW
Programa presentado por Roberto Vilar, con proposta de humor, convidados, música, comedia e participación directa do público no estudio de gravación. Hoxe os “gorrillas” buscarán o amor no “primeiras citas” do “Land Rober Tunai Show”, que recibe os actores galegos Will Shepard e Isa Risco. Roberto Vilar, Eva Iglesias e Xosé A. Touriñán terán que pasar por un dos momentos máis embarazosos das súas vidas.

00:30 CRÓNICAS DE SERRAMOURA
Espazo en que os propios personaxes da serie guiarán os espectadores nunha viaxe polas reviravoltas desta ficción.

00:50 TELEXORNAL NOITE

00:55 O TEMPO

01:00 VIVAN AS TARDES! (Rep.)

02:35 GALICIA VIVA (Rep.)

03:35 TI VERÁS (Rep.)

04:35 NOITE DE JAZZ
Uns minutos de jazz para deleitarse na Galega.

05:10 SONS NA NOITE
Pezas mestras da música clásica universal.

05:30 NOITE DE JAZZ
Uns minutos de jazz para solaz na Galega.

05:50 COMA UN ALLO
Presentado por Bernardo Montaña, este programa está baseado na dinámica de preguntas e respostas. Conta co asesoramento de dous expertos colaboradores: a escritora María Canosa e o científico e divulgador Jorge Mira.

06:25 A REVISTA (Rep.)

07:30 ZIGZAG
Programa que achega aos espectadores galegos toda a actualidade cultural. Presenta Pilar G. Rego.

07:55 INFORMACIÓN ESTADO DO MAR MAÑÁ

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar