TVG: O principio da fín chega esta noite a “Pazo de Familia”

O penúltimo capítulo da temporada de “Pazo de Familia quedará gravado na memoria dos seus seguidores. A vida de Daniel corre grave perigo e Claudia non se separa un intre do seu namorado, agora que por fin sabe que quere pasar o resto dos seus días con el.

Con Nino no cárcere, Emilio consegue arrebatarlle a Suevia o control da adega. Máis difícil lle resultará decidir dunha vez por todas se queda con Eva ou con Sara. E máis aínda, aceptar a volta de Carlos ao pazo. Emilio está convencido de que a decisión de Leonor de casar con el só pode deberse á necesidade de recuperar o testamento.

Mentres Emilio agarda polo resultado da proba de ADN que confirmará se Suevia e a súa nai son irmás, Leonor rememora todo o acontecido na noite que morreu o seu pai. Desvélase así o principio da historia, aquilo que hai xa tantos anos podreceu os cimentos do “Pazo de Familia”.

VIVIR AQUÍ

Cicloxéneses, ondas de calor, alerta por seca e ata furacáns. Isto xa non é o que era, agora andamos “Tolos co tempo”, e así se vai chamar a nova entrega de “Vivir Aquí” que a TVG ofrecerá esta noite.

Neste último ano viviuse de todo e case todo fóra de tempo: un día hai que ir con bufanda e pouco despois dan ganas de poñer o traxe de baño. Tolean as persoas e tamén os cultivos e os animais, e quizais por primeira vez víronselle as orellas o lobo coa seca, que deixou imaxes ata o de agora impensables.

En pleno inverno, o programa amosará como viven estes días nos lugares onde vai máis frío e máis vento de toda Galicia.

GALICIA VIVA

Os reporteiros de Galicia Viva estarán hoxe en directo en Redondela, onde os pescadores comezan a súa temporada de captura do choco. Ademais, os amantes da tecnoloxía e a robótica están de noraboa porque o equipo do programa da TVG estará con afeccionados neste eido que se reúnen todos os luns na Domus para compartir ideas e experiencias. Por último, “Galicia Viva” viaxará ata Cambados para asistir a un curso de defensa persoal destinado a mulleres.

VIVAN AS TARDES!

Os espectadores de “Vivan as Tardes!” coñecerán hoxe a Octavio, de Oza dos Ríos, dono dun hotel para mascotas que ten jacuzzi e todos os luxos imaxinables. Con el estará María, a dona dunha desas mascotas privilexiadas.

Os mércores de feira en Castro de Rei ninguén perde os callos de Rosana, María Jesús e Manuel, que hoxe visitan o programa da Televisión de Galicia. Carmen tamén estará no espazo da TVG, ela é filloeira maior e compartirá co público os seus segredos.

Por último, Lulú e Dionisio, que veñen dende Pazos de Borbén, contarán a súa historia, a dunha parella que se namorou a golpe de labazada, a que lle deu ela a el.

A REVISTA

O equipo de A Revista viaxará hoxe a dous lugares moi particulares de Galicia. En primeiro lugar, estarán no cemiterio municipal de San Froilán de Lugo, que aparece na listaxe de cemiterios máis bonitos do mundo que acaba de publicar a revista científica National Geographic, e na que tamén inclúe ao de San Amaro na Coruña. A publicación enxalza o camposanto lucense pola beleza das súas antigas construcións funeraria.

Os reporteiros de “A Revista” tamén viaxarán ata a pequena aldea de Míllara, no municipio lucense de Pantón, que gañou o premio Juana de Vega de rehabilitación.

Ademais, o magazine da TVG recibirá a visita dos actores da serie “Serramoura” da Televisión de Galicia Chechu Salgado e Tito Asorey e, por outro lado, a presentadora Almudena R. De Urzaiz conversará cos colaboradores habituais dos luns: a xornalista Carla Reyes, e o médico Ignacio L. Balboa.

tvG2

ZIGZAG

O programa “Zigzag” comeza a semana recibindo no estudio a escritora compostelá María do Cebreiro, que presenta o libro “A Lentitude”, da editorial Chan de Pólvora, co que completa a triloxía que iniciou en 2014 con “Os inocentes” e que inclúe tamén “Deserto”.

Por outro lado, o espazo da tvG2 visitará o estudio de traballo do creador de animación Alberto Vázquez, gañador de tres Goyas e autor de “Psiconautas”, que optou á candidatura aos Óscar, aínda que non pasou a criba final. Os espectadores verán como traballa na súa terceira longametraxe, titulada “Unicorn Wars”, que parodia o cine bélico.

“Zigzag” tamén recollerá a nova iniciativa expositiva da galería Olalab de Santiago, con mostras exprés dun día. Mauro Trastoy inaugurou este ciclo con “21 estruturas e unha lámpada”, unha exposición en que se cuestiona a función da escultura, amosando ao espido o proceso e apelando directamente aos sentidos.

O programa tamén se fará eco da exposición colectiva e solidaria inaugurada no Liceo de Ourense a prol da ONG Terra de Homes: “Unha viaxe solidaria e creativa á vida”, en que participan de xeito desinteresado numerosos artistas galegos.

MINUTADO do 29/01/2018 da Televisión de Galicia

08:00

BOS DÍAS

Presentan Ana Pérez e Francisco L. Iglesias, coa información deportiva a cargo de Terio Carrera. Inclúe o espazo “Faladoiro” cos xornalistas José Luis Jiménez e José Luis Gómez., o analista político Roberto L. Blanco Valdés e o membro da Coordinadora de Compostela Aberta, Pepe Arias. Ademais, no tempo da Entrevista estará Bieito Rubido, xornalista e director do periodico ABC.

11:00

A COCIÑA DE ANDRÉ “Brazo xitano de queixo con marmelo”

Un espazo diario de gastronomía presentado polo chef André, que propón en cada intervención receitas doadas de realizar, que sorprenderán polo seu sabor e atractivo.

11:30

O FARO Cap. 344

12:25

A REVISTA

Presenta Sevi Martínez. Inclúe “Adiantos Informativos”.

13:45

CADA DÍA UN LIBRO

Microespazo divulgativo en que cada día se lle recomenda un libro ao espectador.

13:50

GALICIA NOTICIAS MAÑÁ

Presenta Marga Pazos.

14:25

TELEXORNAL MEDIODÍA

Presenta Marta Darriba. Carlos Macía encárgase da información deportiva.

15:30

ZIG ZAG – ONDE IR HOXE

Axenda cultural galega.

15:35

O TEMPO

15:50

COMA UN ALLO

Presentado por Bernardo Montaña, este programa está baseado na dinámica de preguntas e respostas. Conta co asesoramento de dous expertos colaboradores: a escritora María Canosa e o científico e divulgador Jorge Mira.

16:20

TI VERÁS

Concurso presentado por Rodrigo Vázquez en que cada día unha parella de concursantes opta a gañar un premio de ata 50.000 euros.

17:20

VIVAN AS TARDES!

Espazo familiar de entrevistas e entretemento conducido por Pili Pampín e Yolanda Vázquez, que conta coa colaboración de Quique Morales e Alicia Lombán nas distintas seccións do programa.

Os espectadores de “Vivan as Tardes!” coñecerán hoxe a Octavio, de Oza dos Ríos, dono dun hotel para mascotas que ten jacuzzi e todos os luxos imaxinables. Con el estará María, a dona dunha desas mascotas privilexiadas.

18:55

GALICIA VIVA

Os reporteiros de “Galicia Viva” estarán hoxe en directo en Redondela, onde os pescadores comezan a súa temporada de captura do choco.

20:15

INFORMACIÓN ESTADO DO MAR

20:20

DESCONEXIÓNS LOCAIS

20:30

TELEXORNAL SERÁN

Presentan Alfonso Hermida e Tati Moyano. Miguel Gallego encárgase da información deportiva.

21:50

O TEMPO

22:00

AVANCE SERIES G

22:10

PAZO DE FAMILIA Cap. 102

Serie. O penúltimo capítulo da temporada de “Pazo de Familia” quedará gravado na memoria dos seus seguidores. A vida de Daniel corre grave perigo e Claudia non se separa un intre do seu namorado, agora que por fin sabe que quere pasar o resto dos seus días con el.

23:30

VIVIR AQUÍ “Tolos co tempo”

Programa de reportaxes. Cicloxéneses, ondas de calor, alerta por seca e ata furacáns. Isto xa non é o que era, agora andamos “Tolos co tempo”, e así se vai chamar a nova entrega de “Vivir Aquí” que a TVG ofrecerá esta noite.

00:15

VIVAN AS TARDES! (Rep.)

01:55

POLO CAMIÑO DA FE (Rep.)

02:10

TELEXORNAL NOITE

Último informativo do día que inclúe as noticias galegas, nacionais e internacionais máis salientables do día.

02:20

O TEMPO

02:25

GALICIA VIVA (Rep.)

03:35

TI VERÁS (Rep.)

04:35

NOITE DE JAZZ

Uns minutos de jazz para gozar na Galega.

05:35

SONS NA NOITE

Pezas mestras da música clásica universal.

05:45

NOITE DE JAZZ

Uns minutos de jazz para gozar na Galega.

06:20

A REVISTA (Rep.)

07:30

ZIGZAG

Programa que lles achega aos espectadores galegos toda a actualidade cultural. Presenta Pilar G. Rego.

07:55

INFORMACIÓN ESTADO DO MAR

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar