Vigo busca sinaturas en favor de candidatura de Cíes, Patrimonio da Humanidade

O sábado na rúa Príncipe deu comezo unha campaña de recollida de sinaturas de apoio á candidatura de Cíes Patrimonio da Humanidade. Esta iniciativa, que se organiza simultaneamente en máis de dez puntos da cidade, prolongarase durante toda a semana e continuará a través dunha páxina web que se presentará nos próximos días. En declaracións aos medios, o rexedor amosou a súa confianza en que todos os cidadáns de Vigo darán o seu apoio para converter o arquipélago en Patrimonio da Humanidade.

Caballero destacou o éxito da “novidosa” presentación da candidatura en Fitur, onte en Madrid, xa que contou coa presencia de vintecinco científicos de talla internacional, algo inédito na historia da feira de turismo. Investigadores das tres universidades galegas e do Instituto Oceanográfico avalaron esta candidatura nun acto que tamén contou con representantes do sector turístico, comercial e hostaleiro de Vigo.

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar