Baltar reúnese cos coordenadores de “Ourense ICC Week”

O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, reuniuse no Pazo Provincial cos coordinadores da “Ourense ICC Week”, Juan Rivas e Manuel Araujo, e co asesor de Cultura da Deputación, Aurelio Gómez Villar, para avanzar nos preparativos da edición 2018, que terá lugar entre os días 2 e 5 de maio e que volverá a converter a Ourense na capital da creatividade e das tendencias de vangarda no ámbito audiovisual, durante a celebración da “Semana das Industrias Culturais e Creativas de Ourense”, que organiza anualmente a Deputación de Ourense.

Manuel Baltar destacou que este evento cultural, xa consolidado, “vencella a innovación coa nosa tradición e historia, xa que seu ámbito de actuación desprégase pola nosa xeografía con actividades que se desenvolverán en lugares emblemáticos da nosa provincia”.

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar