TVG: Hoxe, homenaxe ao kiwi en “Larpeiros”

O programa “Larpeiros” terá hoxe como protagonista o kiwi, que cada vez conta con máis fans. Resulta curioso que os galegos coñecemos esta froita nos anos 70 e 80 porque antes non a había aquí, pero, aínda que tardou en chegar, tivo éxito enseguida, e incorporouse de présa aos costumes de todos. Quizais porque está rica de case todos os xeitos: en lambetadas, marmeladas, ensaladas, macedonias… E non só nas ensaladas e nas macedonias, xa que con case todas as froitas se poden cociñar tamén pratos salgados. Na casa dos “Larpeiros” xa se teñen preparado receitas con mazás, cereixas, peras, etc. E os kiwis non van ser unha excepción.

Benigno Campos está disposto a demostrar que co kiwi tamén se poden cociñar pratos salgados boísimos. E, para iso, pensa facer unha receita que vai deixar o resto dos dos seus compañeiros coa boca aberta: salmón á prancha con vinagreta de kiwi e arroz de verduras.

Para isto, Adrián desprazarase nesta ocasión ata Tomiño, na provincia de Pontevedra. Alí, da man de Martín e Sara, converterase en todo un experto nunha froita tan especial como é o kiwi. Terá que traballar duro se quere levarlles aos “larpeiros” uns kiwis a altura da ocasión.

De volta na casa, a festa vai ser completa coa quiche de cogomelos coa que Leni e a cociñeira convidada desta semana, Celia Cabrera, agasallarán os seus compañeiros.

O MELLOR CHOURIZO DO MUNDO

A Televisión de Galicia sae este martes pola noite na procura de “O Mellor Chourizo do Mundo”, un programa dedicado a un dos manxares galegos máis emblemáticos, que gusta a todos e pode cociñarse de infinitas formas. Así que as reporteiras deste entretido espazo farán un intenso percorrido por toda Galicia para coñecer as vivencias das persoas que, dunha forma ou outra, viven rodeadas de saborosos chourizos.

Como se elaboran os auténticos chourizos do país? Que terán de especial os chourizos de porco celta? Cal é o segredo do seu inconfundible sabor? Que sería dunha comida especial sen uns chouriciños de entrante? Hai moitas festas dedicadas ao chourizo? Estas son algunhas das moitas preguntas que obterán resposta este martes á noite na Televisión de Galicia. As reporteiras do programa, Belén Vara e Ariadna Leis, sairán de xira para afondar nas razóns que converten o chourizos galegos nun produto de primeira.

Para comezar, estarán no concello ourensán de Manzaneda. Alí coñecerán os porcos celtas de Juan, que elabora uns chourizos para quitar o sombreiro. Tamén irán á praza de abastos de Ourense para falar coas vendedoras máis expertas, que coñecen todos os segredos dos chourizos.

A continuación, aprenderán a elaborar os chourizos de xeito tradicional. Para iso, viaxarán a Cospeito, onde Carmen e Oria fan os chourizos na súa propia casa. E no concello de Sarria presenciarán o traballo dunha fábrica de embutidos que produce milleiros de chourizos de distintos tipos.

E como Galicia está chea de bares e tascas onde os chourizos son a estrela do menú, o programa tamén afondará na historia dalgún deses míticos establecementos: a Adega da Muíña de Santiago de Compostela, o Fogar do Selmo, en Rois, e a Xamonería Bellota da cidade da Coruña.

E cando chega o momento de cociñar os chourizos hai infinitas opcións. No programa deste martes á noite, os espectadores aprenderán a preparalos “ao inferno”, como fan en A Casa Pequena de Meaño, ou a acompañalos dunhas ricas fabas e facelos á brasa, como lles ensinarán na Asociación de Mulleres do concello de Meis. O percorrido deste espazo da Televisión de Galicia continuará en Narón, onde un grupo de emprendedores conseguiron facer uns sorprendentes chourizos con sabor a polbo á feira, e mesmo con tinta de lura.

O chourizo galego ten uns “familiares” de categoría. Ese é o caso dos botelos e das androllas que, nesta época de frío, son moi demandados. Así que, para coñecer como se elaboran e como se cociñan estes contundentes produtos, as reporteiras collerán rumbo a Viana do Bolo e A Rúa, na provincia de Ourense.

En “O Mellor Chourizo do Mundo” tamén quedará claro que este manxar é ideal para calquera hora do día. E ademais, xunto coa música tradicional, o chourizo non falta en ningunha festa. Para demostralo, o programa rematará cunha gran xolda organizada polos membros da agrupación tradicional O Sarillo de Aiazo, en Frades. E, para que non falte de nada, o programa tamén ofrecerá a actuación do grupo Encrucillada.

O GATO CON BOTAS

Cambados é a terra natal do protagonista de hoxe de “O Gato con Botas”: Francisco Leiro. O artista recibirá a Manuel Manquiña e o equipo do programa na súa casa, onde pasarán un día enteiro falando de arte.

Leiro naceu entre os cachos de madeira do seu avó ebanista e a panadería da súa avoa. Desde ben neno, as súas mans experimentaron con diferentes materiais e decidiu ser escultor con só 11 anos. Formouse na Escola de Artes e Oficios de Santiago e axiña acadou unha sona que contribuíu a situar a escultura figurativa no mapa mundial da arte contemporánea. Leiro explicará como a súa obra está influenciada polos acontecementos sociais e políticos e que adoita atopar inspiración en moitas das miserias que azoutan hoxe a humanidade.

Obras como o Sireno de Vigo non pasan desapercibidas dentro da inmensa obra do artista, que conta actualmente con obradoiro en Cambados, Madrid e Nova York. Participante habitual de ARCO, as súas obras enchen as prazas e museos de medio mundo.

GALICIA VIVA

Un equipo do programaGalicia Viva” conectará esta tarde en directo desde unha estación da ITV para comprobar a saúde dos vehículos galegos e para saber cales son os principais e fallos máis comúns que se atopan nos coches neste tipo de revisión.

Doutro lado, o espazo da TVG presentado por Susana López visitará a clínica “Ollo Piollo”, un establecemento que ofrece servizos de prevención e eliminación, a través de distintas técnicas naturais, de piollos e lendres.

Por último, o programa irá ata Cambados porque comezou a temporada da vieira. As cámaras de “Galicia Viva” estarán alí para ver como se captura e cales son os procesos para que estean listas para a venda.

VIVAN AS TARDES!

Vivan as Tardes!” contará hoxe coa presenza dun xubilado moi especial. Alejandro toca a harmónica en Los Bohemios, un grupo peculiar formado por xubilados, que chegan desde Vigo e que cantarán no programa.

Tamén vai estar no espazo da Televisión de Galicia Belén, que vén desde A Coruña, unha nai que, ademais, desde hai 22 anos acolle na súa casa nenos de familias desestruturadas.

Ademais, os espectadores coñecerán unha parella, tamén da Coruña, que son como a noite e o día. Carmen é puro humor e Alberto máis cortado. Ambos os dous contarán como lles vai xuntos. Finalmente, o programa contará cunha cata de aceite galego a cargo de Avelino, procedente de Castrelo de Miño.

A REVISTA

O equipo de A Revista estará hoxe en Vigo para coñecer a primeira axencia de viaxes de España especializada en ofrecer un servizo de turismo militar e bélico. Este tipo de turismo engloba todos aqueles itinerarios desenvolvidos en escenarios de conflitos históricos, contendas e todas as visitas a campos de batalla ou lugares emblemáticos dentro da historia militar dun país. Algúns exemplos de viaxes que ofrece esta empresa son experiencias sobre o desembarco de Normandía, a batalla de Waterloo ou a de Pearl Harbor.

Os reporteiros do magazine da TVG tamén estarán no CEIP A Laxe de Valón, en Ferrol, un centro que conta cunha invernadoiro ecolóxico, onde non só se plantan as mellores sementes, senón que tamén se reciclan os elementos máis contaminantes: as botellas de plástico.

De volta ao estudio de gravación, o presentador Sevi Martínez falará da exposición “In tempore sueborum”, a primeira exposición monográfica dos suevos, co comisario da mesma, Jorge López Quiroga, e o director de investigación no Consello Nacional de Investigación Científica de Francia, Michel Kazanski. O programa tamén contará coa visita do xornalista e experto en moda Carlos Roma e a da readaptadora física Alba Cons.

tvG2

ZIGZAG

Os espectadores de “Zigzag” saberán hoxe da nova montaxe teatral “Camiños”, de Butaca Zero, que estará en cartel no Salón Teatro de Santiago do 25 ao 28 de xaneiro. Esther Carrodeaguas, unha das fundadoras da compañía, estará en directo no estudio de gravación para falar dunha obra que reflexiona sobre o que significa Galicia no século XXI, se os tópicos galegos nos representan e que implica a emigración para a nosa comunidade. Todo isto mesturando o pasado co presente, folk con música electrónica e selfies con sachos.

O espazo da tvG2 tamén ofrecerá este martes unha reportaxe sobre “Requiem por un monicreque”, un espectáculo de Monicreques de Kukas baseado na obra de Roi Vidal Ponte “Marcha fúnebre para un monicreque”, que recrea un teatro á italiana con decoración típica do século XIX.

Ademais, “Zigzag” dará unha volta pola exposición “Estéticas Botánicas”, do artista galego José Antonio Ocaña, que ocupa o Real Xardín Botánico de Madrid, onde máis de 60 obras intentan establecer un diálogo entre a arte e a natureza.

Finalmente, o experto en cine do programa, Ángel Suanzes, falará das películas propostas para a vindeira edición dos Oscar.

Data de emisión: Martes, 23.01.2018

Cinema de Noite (00.45 h.)

DOUS PARVOS MOI PARVOS”

(“Dumb & Dumber”)

Director: Peter e Bobby Farrelly

Elenco: Jim Carrey, Jeff Daniels, Lauren Holly, Mike Starr, Charles Rockett, Victoria Rowell, Joe Baker, Hank Brandt, Teri Garr, Brady Bluhm

EUA, 1994, 103´, Comedia (7)

**SINOPSE**

A vida de Lloyd e Harry, dous amigos dunha estupidez supina, é un auténtico desastre. O primeiro traballa coma chofer dunha limousina e o segundo dedícase a transportar cans. Cando Lloyd se namora dunha rapaza de boa posición, que deixa esquecido un maletín no coche, os dous amigos emprenden unha viaxe por todo o país para devolverllo.

MINUTADO do 23/01/2018 da Televisión de Galicia

08:00

BOS DÍAS

Presentan Ana Pérez e Francisco L. Iglesias, coa información deportiva a cargo de Terio Carrera. Na sección “A Entrevista” estará a programadora informática Ana Cidre, organizadora da comunidade feminina GalsTech; e no “Faladoiro” intervirán os xornalistas Pablo Acción, Juan Capeáns e María Val e o analista político Xesús Veiga.

11:00

A COCIÑA DE ANDRÉ “Peixe sopa con crema de cabaza”

Un espazo diario de gastronomía presentado polo chef André, que propón en cada intervención receitas doadas de realizar, que sorprenderán polo seu sabor e atractivo.

11:25

O FARO Cap. 340

12:20

A REVISTA

Presenta Sevi Martínez. Inclúe “Adiantos Informativos”. Os reporteiros de “A Revista” saberán hoxe en Vigo como funciona a primeira axencia de viaxes de España especializada en turismo militar e bélico.

13:45

CADA DÍA UN LIBRO

Microespazo divulgativo en que cada día se lle recomenda un libro ao espectador.

13:50

GALICIA NOTICIAS MAÑÁ

Presenta Marga Pazos.

14:25

TELEXORNAL MEDIODÍA

Presenta Marta Darriba. Carlos Macía encárgase da información deportiva.

15:30

ZIG ZAG – ONDE IR HOXE

Axenda cultural galega.

15:30

O TEMPO

15:45

COMA UN ALLO

Presentado por Bernardo Montaña, este programa está baseado na dinámica de preguntas e respostas. Conta co asesoramento de dous expertos colaboradores: a escritora María Canosa e o científico e divulgador Jorge Mira.

16:15

TI VERÁS

Concurso presentado por Rodrigo Vázquez en que cada día unha parella de concursantes opta a gañar un premio de ata 50.000 euros.

17:15

VIVAN AS TARDES!

Espazo familiar de entrevistas e entretemento conducido por Pili Pampín e Yolanda Vázquez, que conta coa colaboración de Quique Morales e Alicia Lombán nas distintas seccións do programa.

Vivan as Tardes!” contará hoxe coa presenza dun xubilado moi especial. Alejandro toca a harmónica en Los Bohemios, un grupo peculiar formado por xubilados, que chegan desde Vigo e que cantarán no programa. Tamén vai estar no espazo da Televisión de Galicia Belén, que vén desde A Coruña, unha nai que, ademais, desde hai 22 anos acolle na súa casa nenos de familias desestruturadas.

19:00

GALICIA VIVA

Espazo de actualidade, con variadas conexións en directo, presentado por Susana López. “Galicia Viva” comprobará hoxe cales son os principais fallos que se lles detectan aos coches na ITV e coñecerá técnicas naturais de eliminación de piollos.

20:20

INFORMACIÓN ESTADO DO MAR

20:25

DESCONEXIONS SERÁN

20:30

TELEXORNAL SERÁN

Presentan Alfonso Hermida e Tati Moyano. Miguel Gallego encárgase da información deportiva.

21:45

O TEMPO

22:00

MENÚ G

22:05

LARPEIROS “Unha froita diferente!”

Larpeiros é un programa no que se combina gastronomía, humor e faladoiro na mesa. Homenaxe ao kiwi en “Larpeiros”, onde servirá de vinagreta para un salmón á prancha con arroz de verduras. O menú desta semana completarase cunha quiche de cogomelos

22:40

O MELLOR CHOURIZO DO MUNDO

Programa dedicado a un dos manxares galegos máis emblemáticos, que gusta a todos e pode cociñarse de infinitas formas. As reporteiras deste entretido espazo farán un intenso percorrido por toda Galicia para coñecer as vivencias das persoas que, dunha forma ou outra, viven rodeadas de saborosos chourizos.

23:40

O GATO CON BOTAS “Francisco Leiro”

Espazo de entrevistas presentado por Manuel Manquiña. Coñecidos actores, presentadores, músicos, científicos, xornalistas, empresarios ou profesionais do deporte abriranlle as portas das súas casas e das súas vidas, amosando facetas descoñecidas. Cambados é a terra natal do protagonista de hoxe de “O Gato con Botas”: Francisco Leiro. O artista recibirá a Manuel Manquiña e o equipo do programa na súa casa, onde pasarán un día enteiro falando de arte.

00:45

CINEMA DE NOITE: “Dous parvos moi parvos”

(“Dumb & Dumber”), de Peter e Bobby Farrelly, con Jim Carrey, Jeff Daniels, Lauren Holly, Mike Starr, Charles Rockett, Victoria Rowell, Joe Baker, Hank Brandt, Teri Garr, Brady Bluhm.
EUA, 1994, 103´, Comedia (7).
A vida de Lloyd e Harry, dous amigos dunha estupidez supina, é un auténtico desastre. O primeiro traballa coma chofer dunha limousina e o segundo dedícase a transportar cans. Cando Lloyd se namora dunha rapaza de boa posición, que deixa esquecido un maletín no coche, os dous amigos emprenden unha viaxe por todo o país para devolverllo.

02:25

TELEXORNAL NOITE

Último informativo do día que inclúe as noticias galegas, nacionais e internacionais máis salientables do día.

02:35

O TEMPO

02:40

VIVAN AS TARDES! (Rep.)

04:15

GALICIA VIVA (Rep.)

05:30

SONS NA NOITE

Pezas mestras da música clásica universal.

05:45

NOITE DE JAZZ

Uns minutos de jazz para gozar na Galega.

06:10

A REVISTA (Rep.)

07:30

ZIGZAG

Programa que lles achega aos espectadores galegos toda a actualidade cultural. Presenta Pilar G. Rego.

07:55

INFORMACIÓN ESTADO DO MAR MAÑÁ

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar