O Comité Olímpico apoia a Semana de Baile Deportivo de Ourense

 

“Ou18 será un éxito”. Con estas palabras calificou a vicepresidenta do Comité Olímpico Español, Isabel García Sanz, a “Semana do Baile Deportivo Ou18” que se celebrará en Ourense entre o 22 e o 24 de xuño de 2018. A vicepresidenta visitou o stand no que o evento ourensán se promocionou durante a Dance Sport Cup, celebrada esta fin de semana en Benidorm e onde foi recibida polo organizador de “Ou 18” e presidente do Clube Deportivo Moovett, Juan Manuel Fernández Nóvoa. A Dance Sport Cup é unha competición internacional cun “World Open” na que participaron máis de 500 bailaríns de todo o mundo.

Continúa así a promoción da “Semana do Baile Deportivo Ou18”, un evento organizado entre a Federación Española de Baile Deportivo, Expourense e o Clube Deportivo Moovett e que conta co apoio da Deputación Provincial de Ourense. Celebrarase entre as instalacións do recinto feiral e as do pavillón Paco Paz. Esta semana do baile integra varias competicións de rango internacional como:

– Campionato de España da Modalidade de Bailes Latinos 2018.

– Campionato de España de Danza Coreográfica 2018.

– Campionato de España de Bailes Caribeños 2018.

– Campionato de España de Hip Hop 2018.

– Campionato de España de Line Dance 2018.

– Campionato de España “A” Latinos e Estándar.

– Trofeo Nacional Ourense Provincia Termal 2018.

– Copa Promoción Latinos e Estándar 1ª Territorial e C.

– Congreso Internacional de Baile Ourense Provincia Termal 2018.

– Congreso Anual de Xuices das Especialidades de Estándar, Latinos, Danza Coreográfica e Bailes Caribeños 2018.

– Congreso Anual de Técnicos das Especialidades de Estándar, Latinos, Danza Coreográfica e Bailes Caribeños 2018.

– Campus de Verán do Equipo de Técnificación 2018.

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar