Ourense:Jesús Vázquez convida a participar na exposición “Unha viaxe solidaria”

O alcalde de Ourense, Jesús Vázquez, recibiu esta mañá no despacho da Alcaldía aos promotores -co seu coordinador do Comité Organizador en Ourense, Paco Ascón, á cabeza- da exposición solidaria “Unha viaxe solidaria e creativa á vida”.

Esta mostra, de carácter humanitario, estará no Liceo desde o 20 de xaneiro ata o 15 de febreiro. “Unha oportunidade única para coñecer outras realidades e tomar conciencia de que cunha pequena achega, podemos facer moito por axudar a quenes máis o precisan, polo que invito a toda a cidadanía que acudan a coñecer esta exposición colectiva a beneficio da ONG Terra de Homes”, sinala o alcalde, Jesús Vázquez.

Máis de 40 artistas plásticos de primeiro nivel doan a súa obra para recaudar fondos para a ONG “Terra de Homes”, na súa labor de trasladar a nenos e nenas de distintos países de África para ser operados no noso país.

A exposición colectiva de carácter humanitario “Unha viaxe solidaria e creativa á vida” xa estivo en cidades como A Coruña, Santiago e Vigo e agora recala en Ourense co esforzo solidario de máis de 38 artistas, a meirande parte ourensáns, que xa teñen amosado a súa sensibilidade e solidaridade coas iniciativas de xustiza social.

Os artistas que participan nesta mostra colectiva e humanitaria doando as súas obras son: Tareixa Taboada, César Prada, Marisé Candá, Fran Lareo, Cristina Sánchez, Xosé Poldras, César Taboada, Xosé Vilamoure, “Volcán”, Ehlaba, Isabell Seidel, Lazcano, Plácido López, Vázquez Prata, Pablo Rodríguez, Asun Adá, Luis Pachón, Tony Ferrer, Maruxiña e Xulia Ferradás, Leandro Sánchez, Carlos Pereira, María Braxe, Paco Ascón, Sabela Baña, Teresa Vior, Sabela Roma, José Luis S. Busto, Maribel Cabana, Paloma Castroverde, Nanda Cabaleiro, Carmen Torreiro, Xulio García Rivas, Esther Piñán Oujo, Conchita Paz Montenegro, Nando Pereiro, Luisa Paz Montenegro, Ramiro Cimadevilla e Félix Díaz.

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar