Vigo:Alcalde e Fundación Amancio Ortega abren dous centros asistenciais

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, e o vicepresidente da Fundación Amancio Ortega, José Arnau, firmaron os dous convenios de colaboración que permitirán a creación dunha nova escola infantil municipal de 82 prazas e un centro de educación especial e atención para persoas con parálise cerebral e pataloxías afíns. Na firma deste segundo convenio tamén participou Carlos Godoy, presidente da Asociación de Atención á Parálise Cerebral e Afíns (Amencer-Aspace), entidade responsable da xestión do novo centro unha vez finalicen a súa construción e equipamento.

O rexedor agradeceu a colaboración da Fundación e apuntou que o Concello asume exencións fiscais que rondan os 63.000 euros. “Agradezo moito a súa disposición, foi unha relación moi fluída, moi fácil todo”, sinalou Caballero antes de explicar que a construción dos edificios terán un deseño arquitectónico “singular”.

Os dous edficios estarán ubicados en Bembrive, en parcelas de titularidade municipal cedidas para este fin. Unha vez completadas as obras -cun deseño que responde ao modelo arquitectónico creado para a Fundación Amancio Ortega por Elsa Urquijo Arquitectos- o Concello de Vigo será o responsable da posta en marcha e xestión da escola infantil, mentres que Amencer-Aspace porá en funcionamento e dirixirá o centro de ensinanza e atención para usuarios con parálise cerebral.

A escola infantil, que atenderá a 82 nenos e neas de 0 a 3 anos, contará con seis aulas (dúas para cada franxa de idade) e espazos comúns (comedor, baños e vestiario adaptado, zona de cocina e despensa, almacén e patio propio, entre outros). Pola súa banda, o centro para persoas con parálise cerebral, de 60 prazas (e atención a 145), ata os 21 anos, servizos de atención terapéutica ambulatoria, disporá de dez aulas de formación, salas de usos múltiples (logopedia, fisioterapia, tratamentos, etc.), piscina terapéutica, aseos adaptados, comedor, cocina e patio, entre outras dependencias.

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar