Para o PP de Teo hai unha “solución sobre delimitación de estradas”

Segundo o PP de Teo, a concelleira de Urbanismo engana de novo á veciñanza buscando a confrontación coa Xunta. A campaña “desinformativa” iniciada por Uxía Lemus pon en evidencia “a súa irresponsabilidade e precipitación en alertar á veciñanza dalgo que non é certo, tal e como confirman as análises técnicas, a solución para a veciñanza afectada é doada e depende da vontade municipal”.
O documento presentado pola Xunta respecto da limitación de estradas é beneficioso para a veciñanza dende o momento en que axudará a aforrarlle engorrosos e longos trámites. Por tal motivo, os populares teenses consideran que Uxía Lemus está a “manobrar en contra dos intereses dos veciños e veciñas de Teo”, alentando a presentación masiva de alegacións contra a nova delimitación, desenvolvida para “protexer o patrimonio dos propietarios”.
Hai dúas cuestións moi evidentes no documento citado. Por una banda, o único que fai é recopilar o xa establecido ate o momento pola normativa urbanística. Pola outra, limítase a facer a regulación en base ás restriccións establecida no PXOM de Teo. Por tal motivo, unha modificación puntual do PXOM solucionaría a situación ás veciñas e vecinos afectados.
Técnicos da Xunta desprazáronse ata o Concello para aportar solucións aos veciños afectados. Ao igual que acontecera coa problemática das segregacións, ten que ser a Xunta a que presente as vías de solución cando a Concelleira de urbanismo opta polo engano á veciñanza e a confrontación.
Por tal motivo, José Manuel Guerra fai unha proposta de solución para a veciñanza ao tempo que lamenta o obstruccionismo e confrontación pola que opta Lemus. Para o voceiro popular teense, “non é culpa da Xunta nin dos veciños de Teo que o plan municipal vixente estea como está. Pero para iso hai unha concelleira de urbanismo que debe promover a súa modificación puntual”. Esta acción resultaría relativamente sinxela dende un punto de vista técnico e a súa xestión podería durar entre 8 e 12 meses. “Sería unha solución rápida e fácil para a veciñanza teense. Todo depende da vontade da sñoora. Lemus”, apostillou Guerra.
A Xunta manifestou a súa predisposición para axilizar as xestións relativas a unha posible modificación no caso de que esta se decida facer.

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar