TVG:Alba volve a Serramoura

GALICIA VIVA”, en Alba, a perspicaz xornalista máis temida no posto de mando de Serramoura, volveu á localidade. Regresou esta semana a “Serramoura” para establecer unha relación entre o que aconteceu na casa rural cun crime que tivo lugar do mesmo xeito hai uns anos en Huelva e que cre que tamén está relacionado coa mesma seita. Por iso, a xornalista non dubidará en saltar o precinto da Garda Civil, as veces que sexa necesario, para investigar pola súa conta a escena do crime, e por perigoso que poida ser.

Ao mesmo tempo, no cuartel, Marga busca unha pista fiable, que lle permita atopar unha explicación á morte dos catro comensais da casa rural. Ademais, Quique non parece pasar polo seu mellor momento, debido aos altibaixos que está a sufrir na súa relación con Sabela, polo que tampouco está a resultar ser a grande axuda de casos anteriores.

Nun intento por axudar o seu subalterno e nunha actitude máis paternalista do habitual, o tenente Penedo intentará mediar entre a parella… algo que Quique non tomará demasiado ben.

Mentres, no serradoiro dos Soutelo, Raquel informa a Teresa de que a empresa por fin está a superar a situación de crise que atravesaba. As débedas xa se saldaron case todas e só queda unha por liquidar.

Pola súa banda, Evaristo comeza a ser consciente do perigo que supón para os seus intereses o desembarco de Rebeca López de Longoria e da multinacional para a que traballa en Serramoura. O patriarca dos Fiúza non está disposto a achantar, aínda que para iso teña que aclararlle algunhas cousas.

GRANDES LUGARES

Este mércores, “Grandes Lugares” viaxará en primeiro lugar á Santa Baia de Beiro, unha parroquia do concello de Ourense. Esta vila é unha terra de muíños e de pan caseiro en que tamén se visitará un templo románico dos mellores conservados de Galicia. Santa Baia de Beiro é un territorio privilexiado, fértil, grazas ao Miño, que enche de vida esta terra, permitindo que agromen todo tipo de especies. Unha terra de moito artista, reais e virtuais, capaces de crear mundos imaxinarios.

Cerdido, situado na comarca coruñesa de Ortegal, será o seguinte destino do presente programa. Atópase na transición entre as altas serras de Forgoselo e Faladoira e o val de San Sadurniño. Cerdido é unha terra de oficios tradicionais, unha parte da historia que seguen a conservar. Os vimbios, aquí, trabállanse coma hai séculos. A música será tamén importante neste lugar, posto que a Asociación Airiños dos Carrís levan máis de tres décadas de creación harmónica, transmitindo a música tradicional de xeración en xeración.

Por último, no día de hoxe coñecerase Campos, unha parroquia do concello de Melide. Un lugar coa gastronomía coma sinal de identidade. Esta terra acolledora fai o seu propio queixo, cultiva con xeito e cariño boas cabazas e traballa en sociedade. Comprobarase que é un gran lugar familiar que se esforza en recuperar o pasado.

GALICIA VIVA

Galicia Viva” continúa esta tarde pendente da vaga de frío en Galicia. Hoxe conectará de novo con outra das vilas galegas máis afectadas polo temporal de neve, verase como é o día a día dos veciños da Fonsagrada.

Continuando coa temática de Entroido, o espazo irá á parroquia de Distriz onde os veciños preparan e ultiman todo para o Xoves de Comadres.

Por último, “Galicia Viva” achegará propostas gastronómicas. Nesta ocasión desde o Castelo de Santa Cruz, en Oleiros.

VIVAN AS TARDES!

No “Vivan as Tardes!” coñecerase esta tarde a persoas con oficios un tanto curiosos e moi diferentes entre si. Deste xeito, vai estar no programa un dos poucos homes que asisten os partos de xeito profesional. Alberto, de Ponteareas, traballa de enfermeiro matrón e falará da súa experiencia.

Tamén visitarán esta tarde o programa os Gaiteiros do Mar de Aldán, uns mariñeiros xa xubilados, que lle queren facer unha homenaxe ao seu compañeiro de faenas Lito.

Seguindo co mundo da pesca, pero neste caso de río, un pai e un fillo de Ponte Caldelas falará da súa paixón compartida.

Por último, estará no programa José Manuel, desde O Carballiño, cuxo oficio está relacionado co eido gastronómico posto que cociña cousas “deliciosas” que de seguro nos sorprenderán.

A REVISTA

Esta mañá inaugurase no magazine unha nova sección, chamada “Os segredos mellor gardados do mundo”. Nela, ademais de descubrir cousas que non se coñecían, tamén se porán en valor temas e persoas anónimas descoñecidos para o gran público, pero cunha gran historia detrás. A sección, que se emitirá cada semana, botará a andar cunha historia gastronómica, desvelando quen está detrás do pan que se serve na Casa Real

A baixada de temperaturas e as nevaradas que se agardan en toda Galicia coparán hoxe a actualidade de “A Revista” Así, dende o programa realizaranse conexións en directo durante toda a mañá cos diferentes puntos da comunidade máis afectados polo temporal.

O espazo realizará outra conexión en directo en Santiago, para informar da publicación dos candidatos aos premios Mestre Mateo. Os premios faranse públicos na gala que se celebrará o vindeiro 3 de marzo.

Sevi Martínez entrevistará no espazo a Óscar Novo e Beatriz Leal, coordinadores da “Gala Nico contra o cancro infantil”. Esta gala terá lugar en Vigo o sábado e ambos organizadores darán máis detalles sobre ela no programa de hoxe. Todo o recadado na gala benéfica destinarase a loita contra o cancro infantil.

Ademais, coma todos os mércores, Teresa Abalde levará a cabo a súa sección de crónica social.

tvG2

ZIGZAG

Pilar G. Rego recibe hoxe no estudio de “ZigZag” a Xabier Díaz que, tras o éxito que tivo con de The Tambourine, regresa con Noró, un novo disco que mestura tradición e vangarda e co que quere render unha homenaxe ao norte, á súa xente, ao clima e ás súas músicas.


A revista cultural da
tvG2 achegarase á Fundación Luis Seoane á exposición da artista ourensá Tamará Feijóo, un proxecto inspirado en tres obras realizadas por Luis Seoane na década dos sesenta.

A música seguirá a ser protagonista dos contidos de “ZigZag” con motivo do concerto que ofrecerá o Dúo Cassadó hoxe en Ourense. Damián Martínez Marco, co violonchelo, e Marta Moll de Alba ao piano, conforman este dúo aclamado internacionalmente pola súa exquisita musicalidade e sensibilidade.

Por último, o espazo estará moi atento ao anuncio das candidaturas da 16 edición dos Premios Mestre Mateo, os galardóns máis importantes do audiovisual galego. Hoxe coñeceranse os artistas e obras que optan aos galardóns deste ano.

Mércores, 07.02.2018

CINEMA DE NOITE

NOITES DE TREBOADA”

(“Nights in Rodanthe”)

Director: George C. Wolfe

Actores: Richard Gere, Diane Lane, Christopher Meloni, Viola Davis, Becky Ann Baker, Scott Glenn, Linda Molloy, Pablo Schreiber, Mae Whitman

EUA, 2008, 98’, Drama romántico (7)

**SINOPSE**

Un doutor viaxa á vila costeira de Rodanthe, en Carolina do Norte, para facerlle fronte a unha crise de conciencia. Alí aloxarase nunha pensión da que se encarga temporalmente Lane, unha muller que arrastra os seus propios problemas familiares. Ambos os dous atoparán consolo mutuo e iniciarán un romance que os marcará para sempre.

**COMENTARIO**

Richard Gere e Diane Lane reúnense na pantalla no drama romántico “Noites de treboada”, baseado no best-seller de Nicholas Sparks sobre dúas persoas que descobren que sempre hai unha segunda oportunidade para atopar o amor da súa vida.

MINUTADO do 07/02/2018 da Televisión de Galicia

08:00

BOS DÍAS

Presentan Ana Pérez e Francisco L. Iglesias, coa información deportiva a cargo de Terio Carrera. Hoxe asiste á sección da Entrevista: Mar Castro, pioneira na investigación e difusión de NETiqueta en España. No Faladoiro intervirán os xornalistas Luis Pérez e Julián Rodríguez, a profesora María Bastida Domínguez e o avogado Xoán Antón Pérez Lema.

11:00

A COCIÑA DE ANDRÉ “Arroz con polo e piña ao curry”

Un espazo diario de gastronomía presentado polo chef André, que propón en cada intervención receitas doadas de realizar, que sorprenderán polo seu sabor e atractivo.

11:30

O FARO Cap. 351

Vítor recibe a visita de Feng. Os dous redescubren o seu amor como se nunca se tiveran separado. Malia que lles quedan moitas cousas que aclarar, pero están xuntos e iso é o importante. É unha magoa que Vítor non esté tan pendente no ámbito empresarial para ver a trampa que Carme e Arturo Torres están tramando contra el.

12:25

A REVISTA

Presenta Sevi Martínez. Inclúe “Adiantos Informativos”.

13:45

CADA DÍA UN LIBRO

Microespazo divulgativo en que cada día se lle recomenda un libro ao espectador.

13:50

GALICIA NOTICIAS MAÑÁ

Presenta Marga Pazos.

14:25

TELEXORNAL MEDIODÍA

Presenta Marta Darriba. Carlos Macía encárgase da información deportiva.

15:30

ZIGZAG – ONDE IR HOXE

Axenda cultural galega

15:35

O TEMPO

15:50

COMA UN ALLO

Presentado por Bernardo Montaña, este programa está baseado na dinámica de preguntas e respostas. Conta co asesoramento de dous expertos colaboradores: a escritora María Canosa e o científico e divulgador Jorge Mira.

16:20

TI VERÁS

Concurso presentado por Rodrigo Vázquez en que cada día unha parella de concursantes opta a gañar un premio de ata 50.000 euros.

17:25

VIVAN AS TARDES

Hoxe coñecerase a persoas con oficios un tanto curiosos e moi diferentes entre si.

19:05

GALICIA VIVA

Espazo de actualidade, con variadas conexións en directo, presentado por Susana López.

20:15

INFORMACIÓNS ESTADO DO MAR SERÁN

20:20

DESCONEXIÓNS INFORMATIVOS SERÁN

20:30

TELEXORNAL SERÁN

Presentan Alfonso Hermida e Tati Moyano. Miguel Gallego encárgase da información deportiva.

21:50

O TEMPO

22:00

AVANCE SERIES G

22:15

SERRAMOURA Cap. 104: “Inspira, expira”

Serie. Thriller rural, que conta a historia dunha pequena e tranquila vila do interior, levará os espectadores por algunhas das paraxes forestais máis belas e tamén máis misteriosas de Galicia. Hoxe Alba volve a Serramoura para indagar na relación entre o acontecido na casa rural e un crime en Huelva. O serradoiro está superando a situación de crise e ten só unha débeda pendente de superar…_

23:30

GRANDES LUGARES “O Beiro (Ourense)- Cerdido (Ortegal-A Coruña)-Campos (Melide-A Coruña)”

Un docusoap de entretemento que pretende amosar, desde un punto de vista optimista e particular, a historia afectiva e social de dúas poboacións galegas con moito para contar.

00:35

CINEMA: “Noites de treboada”

(“Nights in Rodanthe”), de George C. Wolfe, con Richard Gere, Diane Lane, Christopher Meloni, Viola Davis, Becky Ann Baker, Scott Glenn, Linda Molloy, Pablo Schreiber, Mae Whitman. EUA, 2008, 98’, Drama romántico (7). Un doutor viaxa á vila costeira de Rodanthe, en Carolina do Norte, para facerlle fronte a unha crise de conciencia. Alí aloxarase nunha pensión da que se encarga temporalmente Lane, unha muller que arrastra os seus propios problemas familiares. Ambos os dous atoparán consolo mutuo e iniciarán un romance que os marcará para sempre.

02:10

TELEXORNAL NOITE

02:15

O TEMPO

02:20

VIVAN AS TARDES (Rep.)

03:55

GALICIA VIVA (Rep.)

05:00

NOITE DE JAZZ

Uns minutos de jazz para gozar na Galega.

05:35

SONS NA NOITE

Pezas mestras da música clásica universal.

05:55

NOITE DE JAZZ

06:10

REPORTAXES “VIVIR AQUÍ” “A Capela Sixtina galega”

06:20

A REVISTA (Rep.)

07:30

ZIGZAG

Programa que lles achega aos espectadores galegos toda a actualidade cultural. Presenta Pilar G. Rego.

07:55

INFORMACIÓN ESTADO DO MAR MAÑÁ

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar