Pontevedra:O alcalde visita o Estudo Bonobo

O alcalde Miguel Fernández Lores, acompañado dos concelleiros Anabel Gulías (Promoción Económica e da Cidade) e Alberto Oubiña (Xuventude,  achegouse a Estudo Bonobo, a escola de artes que lidera Gonzalo Maceira e na que conviven e mistúranse a música, o teatro, o baile, a interpretación, o debuxo, a fotografía, o deseño e a tecnoloxía. Unha iniciativa que amosa que o mundo da creatividade e da cultura ten percorrido educativo, social e tamén económico e laboral.

Creado hai pouco máis dun ano, o espazo conta xa cun plantel de 17 profesores/as e arredor de 200 alumnos/as. A mostra do traballo feito no Espazo Bonobo viuse na pasada edición do Surfing the Lérez, onde agardan estar de novo no 2018.

O alcalde, após de percorrer as instalacións, definiu o Espazo Bonobo como “un luxo, que ten moito que ve coa cidade alternativa e creativa que somos, que encaixa perfectamente co enfoque que a Universidade lle da coas industrias creativas (campus CREA), que encaixa nunha cidade onde se celebra todos os anos o Culturgal, o Salón do Libro, onde temos unha actividade musica excepcional …”. Miguel Fernández Lores non ten dúbida “son os piares de algo importante que vai a explosionar. Hai moita creatividade aquí formándose e nun espazo de tempo non moi grande xurdirán proxectos musicais e artísticos que competirán a nivel internacional”.

“Ao mellor socialmente é difícil percibir que paga a pena investir en cultura” sinala o alcalde quen lembra que “as cidades máis modernas e mais activas, que máis están medrando teñen que ver con cidades de servizos onde a cultura é unha parte fundamental da súa actividade económica”.

Gonzalo Maceira -cuxa labor docente vencellada a banda Fourius Monckey House e Espazo Bonobo foi recoñecida a nivel estatal pola Fundación Magisterio- amosou a súa satisfacción pola visita do alcalde e os concelleiros e lembrou que esta escola de artes escénicas e plásticas, inclusiva e potenciadora da creatividade, “foi unha aposta arriscada” pero xa está a dar froitos.

“Estamos moi orgullosos do que facemos, estamos convencidos da potencialidade que ten a xente da nosa cidade, estamos creando lazos creativos con xente de todas as idades, con capacidades diferentes… Estamos a e establecer un tecido cultural que se alimente entre o teatro, a ilustración, o son, a luz e a cor … Hai un mundo aí fóra con moitas posibilidades” apuntou Gonzalo Maceira, ao carón de dous dos seus socios: Alejandro Gayoso e Rocio Romero. “Queremos crear un movemento con moitos monos e moito rock and roll” concluíu..

Máis información https://estudobonobo.wordpress.com/

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar