TVG despedíu 2017 cos resultados de audiencia mais altos en catro anos

Televisión de Galicia pechou 2017 continuando coa súa tendencia á alza no que se refire ao rexistro das audiencias. Cunha cota de 10,4% no conxunto do día e de 11,3% no ‘prime time’, acadou os resultados máis elevados dos últimos catro anos. Estes datos reflicten que a TVG foi a canle que máis medrou e a única das televisións xeralistas, xunto con La1, que mellorou as cifras de audiencia con respecto ao ano anterior.

Neste cómputo anual, cómpre salientar que o espazo máis visto entre todas as canles que se poden ver en Galicia, excluíndo a programación deportiva, foi o “Land Rober Tunai Show” da Televisión de Galicia, que obtivo un sobresaínte 33,8% de cota de pantalla.

Os datos acumulados da TVG en 2017 tamén resultan favorables na comparativa coas restantes canles autonómicas, ao superar en 2,8 puntos a cota da FORTA (7,6%) no conxunto do día e en 3,7 puntos no ‘prime time’ ou faixa máis importante do día.

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar