Alfonso Rueda visita as melloras no concello de Covelo

 

O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, visitou o concello do Covelo para coñecer in situ as actuacións levadas a cabo polo Concello ao abeiro das subvencións da Vicepresidencia deste ano.

Durante a visita, á que tamén asistiron o delegado territorial da Xunta en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís, a directora xeral de Administración Local, Marta Fernández-Tapias e o alcalde da localidade, Juan Pablo Castillo, Rueda destacou a frutífera colaboración da Xunta e o Concello, que se reflicte en distintos proxectos ano tras ano cun único denominador común: “o beneficio para os veciños do Covelo”. Este ano, con actuacións que teñen que ver con melloras de sumidoiros e de depuración, así como de acondicionamento de pistas polideportivas no CEIP da localidade.

O Goberno galego ten en marcha dende o ano 2010, o Fondo de Compensación Ambiental, unha iniciativa que permitiu que por vez primeira os concellos galegos puideran beneficiarse directamente da explotacións eólicas, posto que as actuacións que se realizan son financiadas a través do canon eólico. Na mesma liña, ao abeiro da orde de Infraestruturas, o Goberno galego apoia pequenas actuacións realizadas polos concellos máis pequenos, con case 9 millóns de euros nos dous últimos anos e case 300 actuacións subvencionadas.

Así, o concello do Covelo ten recibido axudas por un importe de case 800.000 euros, grazas ás cales levaron actuación como a mellora de redes de sumidoiros, a creación de parques infantís ou mellores servizos de recollida e tratamento de residuos.

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar