A Policía Autonómica realiza 132 inspecións contra as bebidas en menores

Axentes do grupo de Menores da Policía Autonómica levaron a cabo durante a pasada semana un total de 132inspeccións de control, nun total de 56 dispositivos en 21 concellos galegos.

Por parte dos distintos grupos de Menores da Policía Autonómica da Coruña, Santiago, Lugo e Pontevedra, nesta pasada semana realizáronse 56 dispositivos de control de menores en risco de desamparo (absentismo escolar e consumo de alcohol/tabaco e drogas en menores de idade), nos concellos da Coruña, A Merca, Amoeiro, Betanzos, Cartelle, Dumbría, Lugo, Marín, O Carballiño, O Porriño, Oleiros, Ordes, Ourense, Padrón, Poio, Ponteareas, Pontevedra, Porto do Son, Sada, Santiago de Compostela e Vigo.

Como resultado do dispositivo levado a cabo, foron identificadas 55 persoas e inspeccionadas 132 zonas de ocio, locais e centros comerciais. Levantáronse 3 actas de infracción, 2 por venda de alcohol e 1 por venda de tabaco..

A Policía Autonómica, dende a entrada en vigor da Lei 11/2010, de prevención de bebidas alcohólicas aos menores de idade, leva a cabo diversos dispositivos policiais por toda a Comunidade Galega, para velar polo cumprimento da mesma e previr o consumo deste tipo de bebidas polos menores de idade.

Nestes dispositivos, ademais das denuncias pola infracción da Lei 11/2010, tamén se informa aos propietarios dos locais do seu contido, das actuacións que deben levar a cabo para o cumprimento da mesma e evitar o consumo de alcol entre os menores de idade, así como, que por parte da Policía Autonómica se continuará coas actividades necesarias para velar polo cumprimento da norma.

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar