Ourense pecha o ano coa Carreira Popular de San Silvestre

A II Carreira Popular de San Silvestre, que se celebrará o domingo 31 de decembro de 2017 a partir das 16:00 h. polas rúas da cidade, foi presentada esta mañá no salón de plenos do Concello de Ourense coa presenza de organizadores e patrocinadores. Incluída no calendario oficial da Federación Galega de Atletismo, estará controlada polo Comité Galego de Xuíces e cronometradores da FGA – Delegación de Ourense, e conta cos pertinentes seguros de accidentes e de RC para os participantes, organizadores e voluntarios.

Poderán participar nesta proba atletas federados e populares, e realizarase unha clasificación conxunta. As inscricións realizaranse a través da web www.carreirasgalegas.com, e estarán abertas ata o 27 de decembro de 2017 ás 20:30 horas. O custe é de 5 euros para as categorías Sub18, Sub20, Sub23, Senior e Máster, e para o resto de categorías será gratuíta.

A recollida de dorsais e chips terá lugar o sábado 30 de decembro de 2017 no lugar e horario que a organización comunicará por correo electrónico con suficiente antelación.

Carreira Solidaria. De xeito voluntario, cada participante poderá facer unha dozaón “Dorsal 0” destinada á Cruz Vermella Ourense

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar