Morre a conductora dun turismo ao colidir cun camión en Cesuras

A condutora dun turismo resultou falecida tras colidir o vehículo que manexaba contra un camión no lugar de Trasanquelos, no concello coruñés de Oza-Cesuras.

Concretamente, o accidente produciuse á mediodía na AC-840, que une as localidades de Curtis e Betanzos, nunha zona de subida para vehículos lentos.

Foi un particular quen deu a voz de alerta a través do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias (CIAE) 112 Galicia. Segundo relatou, a vítima quedou atrapada no interior do turismo tras bater contra o camión. Por iso, desde o 112, informouse a Urxencias Sanitarias, que enviaron á zona o helicóptero medicalizado con base en Santiago, pero nada puideron facer por salvar a vida da condutora.

Tamén pasaron aviso aos Bombeiros de Betanzos e aos membros do GES de Curtis, así como aos axentes da Garda Civil de Tráfico.

Pola súa banda, o condutor do camión resultou ileso, aínda que igualmente foi atendido no punto polos servizos sanitarios de urxencia.

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar